
Natureza morta pretende amosar a vida no réxime ditatorial portugués rastrexando as pegadas que son comúns a case todas as ditaduras: un sistema de control social, un modelo político que determina o pasado e o futuro en función á ideoloxía, a centralidade da figura do ditador, etc. A idea era facela utilizando só imaxes de arquivo, sen palabras. A dificultade era amosar o reverso posíbel da ditadura a través das imaxes producidas por esa mesma ditadura. No proceso de realización, deime de conta de que unha imaxe pode conter outras imaxes, a partir de detalles que non son vistos habitualmente. Moitas veces, eses detalles constituían signos de desintegración da mensaxe inicial que a imaxe pretendía vehicular.
[Declaracións recollidas o 23 e 24 de marzo de 2012 en París, no marco dunha presentación de Natureza morta e dunha conferencia ofrecida pola cineasta sobre o proceso de elaboración dos seus filmes]
Mércores 2 de marzo ás 21:30 no Pichel
Natureza morta
(Natureza morta, Susana de Sousa Dias, Portugal-Francia, 2005, 72′, VOSG)