Límite, de Mário Peixoto

“A creación de Mário Peixoto caracterízase por procedementos de xeración de imaxes, que se procesan mediante movementos circulares de avance e retroceso, recuperando o que marchou para avanzar nunha nova reconstrución, a partir dos residuos do que queda. Esta poética da reconstrución está guiada polo proceso de apertura e peche dun círculo poético, para que un outro renaza dos fragmentos do que foi: o peche dun círculo é a apertura a un novo ciclo, unha nova busca e, así, sucesivamente, nunha elevación constante da imaxe poética, para chegar ao primordial.

A obra cinematográfica Limite, datada en 1931 e pertencente ao cinema mudo, e a obra literaria O Inútil de Cada Um, publicada, no seu volume 1, en 1984, ambas de Mário Peixoto, conflúen en movementos poéticos co efecto estético do inacabado, nunha eterna reconstrución de cada imaxe captada nunha instantánea, expresándose a través dun tecido que se reconstrúe indefinidamente. Estes procedementos atopan apoio, fundamentalmente, na estruturación da narración e na composición de personaxes, nos que a poética resultante realiza un movemento de retorno, ata acadar unha imaxe primixenia, presente nos elementos constitutivos do universo, xeradores dos primeiros movementos do mundo.”

[Tirado de “Imagem e movimento na criaçao de Mário Peixoto: uma introdução ao diálogo entre a obra cinematográfica Limite e a literária O Inútil de Cada Um” de Aparecida do Carmo Frigeri Berchior]

Mércores 23 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Límite
(Limite, Mario Peixoto, Brasil, 1931, 118′, VO)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s