O home cando é home, de Valeria Sarmiento

[O] machismo unha sófreo en América Latina desde que nace. Para O home cando é home eu presentara varias veces o proxecto á televisión alemá, e esta rexeitábao, dicían que non… Até que ao final cando presentei o proxecto dixéronme: “Si, mire…  — díxome—   como vostede era a muller de Raúl pensamos que quería facer cinema só porque o seu home facía cinema, pero ao terceiro proxecto xa nos demos de conta de que realmente vostede quería facer cinema”. Interesábame o machismo, e despois foi a lista de conseguir en que país ía facelo. Calquera país de América Latina podía ser, pero ningún me daba visado, porque eu nese momento aínda tiña pasaporte chileno, era imposíbel entrar a México, ao final conseguín visado para ir a Costa Rica e foi fantástico, unha experiencia moi impresionante. E rodei o filme, os alemáns estaban moi contentos, mercouna a televisión francesa. E é un filme que é máis ben para enfocar o tema da muller, pero a través do home, iso é o que me parecía entretido, porque eu sempre tentei tratar temas que me interesan pero nunca de xeito frontal, senón de xeito oblicuo.

(Tirado de “Valeria Sarmiento “El machismo una lo sufre en América Latina desde que nace””, entrevista de Iván Pinto Veas publicada en La Fugahttps://lafuga.cl/valeria-sarmiento/638

Mércores 16 de febreiro ás 21:30 no Pichel
O home cando é home
(El hombre cuando es hombre, Valeria Sarmiento, Costa Rica-Francia-RFA, 1982, 67′, VO)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s