A outra, de Roberto Gavaldón

O “melodrama de xemelgas” foi un dos subxéneros máis intrigantes e idiosincráticos dos anos 40. Unha dose dobre de María Montez no estridente camp Technicolor de Cobra Woman; o culebrón noir de Bette Davis en A Stolen Life ou Olivia de Havilland en The Dark Mirror. Parecía que a Hollywood nada lle gustaba máis que poñer unha actriz glamurosa nunha loita a vida ou morte coa súa propia xemelga sinistra. Poderíamos darlle voltas á descuberta tardía de Freud na meca do cinema, ou discutir sobre que diva representa mellor as nocións de Ego, Superego e Id. A verdade é que as estrelas adoraban estes papeis porque prometían un tour de force actoral (usando ese termo con coidado ao referirnos a Montez). E con moitas das estrelas masculinas fóra na Segunda Guerra Mundial, situar unha muller como a súa propia co-protagonista podía salvar a un estudio dunha chea de dores de cabeza.

A industria do cine mexicana, coma sempre, non perdeu o tempo e seguiu a moda. As súas divas reinantes na altura, María Félix e Dolores del Río, asumiron papeis dobres ao mesmo tempo que as súas rivais de Hollywood. (…)  No primeiro gran éxito dirixido por Roberto Gavaldón (un home aclamado como “o mestre indisputado do melodrama”) [del Río] interpretou irmás xemelgas que non teñen nada en común excepto un noxo mutuo pola outra. Pero mentres Hollywood insistía en separar as súas xemelgas en polos maniqueos de ben e mal ou luz e escuridade, México era máis maduro e cínico no seu enfoque. A outra amósanos dúas irmás rivais. Unha delas é mala; a outra é directamente desprezable.

[Tirado de “A Darker Shade of Noir: Psycho Sisters in The Other One (1946)“, publicado por David Melville en Senses of Cinema]

Mércores 9 de febreiro ás 21:30 no Pichel
A outra
(La otra, Roberto Gavaldón, México, 1946, 98′, VO)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s