Prometeo deportado, de Fernando Mieles

Prometeo Deportado fai unha aposta arriscada cando decide inserirse nunha tradición, e a falta dunha tradición cinematográfica ecuatoriana, opta por unha latinoamericana: o realismo máxico. Unha decisión problemática posto que, se no seu momento foi central, é unha estética que se enfronta ás tendencias máis minimalistas do século XXI. Pero Mieles distánciase aínda máis das expectativas das Novas Ondas ao optar por unha liña narrativa que o ata ao teatro do absurdo. Lembremos que o teatro do absurdo, que tivo o seu apoxeo nas décadas dos 40, 50 e 60, caracterizárase por diálogos repetitivos; falla dunha secuencia dramática; atmosferas oníricas; unha certa incoherencia na trama; un cuestionamento do funcionamento da sociedade e trazos existencialistas onde predominaba a metáfora poética para representar estados anímicos e emocionais. Non é só o contido da película o que a emparenta co teatro do absurdo senón a mise-en-scène do filme que é, por momentos, unha montaxe teatral.

[Tirado de “Un acercamiento a las nuevas olas del cine latinoamericano: el caso de Ecuador”, publicado por Gabriela Alemán en Chasqui, Revista Latinoamericana de Comunicación, 118, 19-85, 2012]

Mércores 2 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Prometeo deportado
(Prometeo deportado, Fernando Mieles, Ecuador, 2010, 112′, VO)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s