Peitos eternos, de Kinuyo Tanaka

The Eternal Breasts (1955) | MUBI

Trala Segunda Guerra Mundial algo mellorou a posición da muller na sociedade [xaponesa], aínda que máis ben parecese o inicio da súa consideración, coma se antes fose nada ou sempre menos, pola consecución do dereito ao voto e a inclusión na Constitución da igualdade de sexos. Esa circunstancia propiciou a posibilidade de que as mulleres puidesen acceder á dirección, aínda que o acceso máis fácil podía conseguirse desde a posición de actriz, como foi o caso de Kinuyo Tanaka. A cineasta declararía: “Despois da guerra o progreso da muller chegou a ser evidente en cada faceta da sociedade tamén en Xapón, incluso a entrada no Parlamento (…) Eu tamén sentín coma se tentase facer algo novo ocupando a tarefa de muller directora”. Aínda con esa mellora, o cinema non deixou de facerse eco das desigualdades e restricións sociais da muller, que se manifesta, en especial, na excepcional  filmografía de Mikio Naruse. Pero non foi fácil para Kinuyo Tanaka afianzar a súa carreira como cineasta, que abandonou en 1962, mentres si proseguiu coa súa carreira de actriz ata a súa morte.

(…)

Peitos eternos (Chibusa eu eien nare, 1955) é o relato dunha extracción. Ou a serie de extraccións que sofre unha muller. Un matrimonio insatisfactorio, que non foi a súa decisión, concertado pola súa nai. Un marido amargado que descarga nela as súas frustracións e falta de autoestima. Un divorcio cuxos termos implican que só dispón da tutela da súa filla pero non do seu fillo. Un amor que non será correspondido, aínda que quizá sexa un amor proxectado en quen si a comprende e admira. E a extracción dos seus dous peitos por causa dun cancro de mama cando só ten 31 anos. Viviu as súas emocións, viviu o seu corpo? Mesmo a súa voz pugnou por facerse oír cos seus poemas, que para algúns resultaban estraños por esaxerados, como expresados nunha lingua diferente, se cadra só comprensible para outras mulleres. Peitos eternos, terceiro filme de Kinuyo Tanaka, céntrase na poetisa Fumiko Nakajo (1922-54), autora de Chibusa Soshitsu (Os peitos perdidos), e Hana non Genkei (Un prototipo de flores), publicado de maneira póstuma. Un ano despois estreábase este filme, con guión de Fumiko Tanaka (sen relación familiar con Kinuyo). Coma se fose unha crónica de urxencia.

[Tirado de “Kinuyo Tanaka, la cineasta fantasma“, publicado por Alexander Zárate en El Plural]

Mércores 19 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Peitos eternos
(乳房よ永遠なれ [Chibusa yo eien nare], Kinuyo Tanaka, Xapón, 1955, 106′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s