A longa despedida, de Kira Muratova

I embrace every coincidence” | Sabzian

Na súa segunda longametraxe como directora en solitario, A longa despedida (1971), Kira Muratova ofrece un método cinematográfico baseado no inacabado. […] Teño comparado o filme cun “valse da dúbida” entre unha nai e seu fillo, o segundo dubidando se marchar da casa, a primeira tentando paralo […]. Vale a pena sinalar que a maioría das expectativas na narración están malditas: a historia de amor entre Evgenia Vassilievna (a nai, marabillosamente interpretada por Zinaida Sharko) e Nikolay, a quen coñece na casa dun amigo, está destinada ao fracaso; a chamada telefónica entre Masha e Sasha, que está namorado dela, non sucederá tampouco, porque el pide ao seu amigo que fale por el. (…)

Pero non son só os personaxes e os seus camiños os que sofren dese carácter incompleto. Todos os aspectos da diéxese do filme están atrapados nela. Os obxectos non encaixan e os xestos loitan por completarse. (…)

Isto lévanos a un apunte feito de pasada pola propia Kira Muratova no papel de Valentina Ivanova en Breves encontros (1967), que nos dá un valioso entendemento do seu traballo:

“Se ves un filme ou les un libro, todo nel é moi fermoso. Os sentimentos e as accións están tan ben pensadas e son tan consistentes… Mesmo cando os personaxes sofren, todo é lóxico e coherente. Entendemos as razóns e as consecuencias. Hai un inicio, un medio e un final. Pero aquí, todo é vago e sen forma”.

Muratova propón, entón, un mundo que non debe ser entendido en termos cartesianos, senón centrado no misterio irresolto da existencia, no seu carácter incompleto. (…)

Do mesmo xeito, a cineasta pon rastros da creación do filme dentro del introducindo varios planos da mesma escena e renunciando a decidirse por un (outro exemplo patente deste procedemento é a secuencia de confrontación entre Evgenia Vassilievna e seu xefe sobre a invitación a un tradutor externo). Kira Muratova podería ter formado parte dunha “asociación para a salvagarda dos brutos e a rehabilitación da metraxe non empregada” que Jean-François Lyotard desexaba en Acinema. Mesmo afirmou ter unha verdadeira paixón polas tomas descartadas e a miúdo deixounas na montaxe, porque apelaban a ela por diferentes razóns.

O propio filme é así presentado como un xesto inacabado, cunha intención que non é a de darnos unha imaxe clara e organizada do mundo, nin a de contar unha historia “sen fallos”, senón ofrecernos unha experiencia de visión e percepción que preserve a súa parte de misterio e irresolubilidade ata o final.

[Tirado de “The Unfinished Gesture“, de Eugénie Zvonkine, publicado en East European Film Bulletin, vol. 98]

Mércores 15 de decembro ás 21:30
A longa despedida
(Долгие проводы, Kira Muratova, Unión Soviética, 1971, 95′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s