Let It Be, de Michael Lindsay-Hogg

“É o 29 de xaneiro de 1969 e o director Michael Lindsay-Hogg ten un problema. Ten tan só uns días para improvisar un final para o seu filme cos Beatles, e eles non llo están a poñer fácil. Todo isto afonda na mesma dirección que este longo último mes de produción, un pesadelo loxístico que mutou a metade da filmación dun especial para televisión en forma de concerto a documental de cinéma vérité. As escenas íntimas do grupo escribindo e ensaiando son extraordinarias, pero el precisa un final, un clímax, algún tipo de recompensa, unha que non os volva facer vítimas do histérico acoso que asolou a súa anterior vida de xiras no punto máis alto da Beatlemanía. Logo dun tempo, unha idea parece tomar forma: unha actuación sen aviso previo na terraza do cuartel xeral do grupo, o edificio de Apple Records no centro de Londres. A natureza semi-pública do evento semella unha boa fórmula de compromiso. Con todo, nese momento, seis pisos por baixo da localización proposta, hai disenso no grupo (…).

O feito de que Lindsay-Hogg fose capaz de completar o filme en tales condicións é un pequeno milagre. E aínda así os problemas continuarán mesmo despois de que a rodaxe finalice. Posposto durante un ano por causa das disputas internas da ensamblaxe empresarial do grupo, o documental chegará ás salas en maio de 1970, tan só unhas semanas despois de que grupo anuncie a súa separación. O momento do seu lanzamento garantirá que o filme sexa relacionado para sempre con novas tristes. O feito de que fose filmado practicamente ano e medio antes non semellará importar demasiado.”

[Tirado de Runtagh, Jordan, “Let It Be Director Michael Lindsay-Hogg’s Words of Wisdom on His Misunderstood Beatles Documentary”, en https://people.com/music/let-it-be-director-michael-lindsay-hogg-talks-misunderstood-beatles-documentary/]

Mércores 1 de decembro ás 21:30
Let It Be
(Michael Lindsay-Hogg, Reino Unido, 1970, 80′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s