A pousada do dragón, de King Hu

Amazon.com: Dragon Inn (The Criterion Collection) : Shih Chun;Bai  Ying;Shangkuan Ling-fung, King Hu: Películas y TV

“A interacción entre a técnica real e o efecto cinematográfico caracterizaría todos os filmes de kung fu despois de Bruce Lee, quen esencialmente foi o pioneiro do concepto; polo tanto, a idea de “kung fu real” é unha cuestión de combinar técnicas corporais e cinematográficas (…) King Hu, famoso polos seus filmes de nova escola de wuxia, sempre se deleitaba ao dicir que non había cousa tal como o kung fu. «O kung fu é coma Fu Manchu, non existe en ningures excepto, talvez, no barrio chinés de San Francisco», dixo. O kung fu era un termo puramente cantonés que non tiña significado ningún no campo das artes marciais en mandarín; pero Hu podería ter explicado que non existía o verdadeiro kung fu no cinema. Con todo, a reivindicación do “kung fu real” foi como unha especie de declaración de autenticidade entre as estrelas e directores que traballaban no xénero, e mesmo o propio Hu parecía crelo. Hu esforzouse por diferenciar entre o seu estilo de combate cinematográfico e o estilo de Bruce Lee, Jackie Chan e outros, ao que chamou “loita real”. «O que describo [nos meus filmes] non é unha loita real», dixo Hu. Hu chamoulle ao seu estilo “danza”.”

[Tirado de Teo, Stephen, Chinese Martial Arts Cinema. The Wuxia Tradition, Edinburgh University Press pp. 79-80]

Mércores 17 de novembro ás 21:30
A pousada do dragón
(龍門客棧 [Lóng Mén Kè Zhàn], King Hu, Taiwán / Hong Kong, 1967, 111’, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s