Lemonade Joe, ou a ópera equina, de Oldřich Lipský

Lemonade Joe (1964)

“A película Lemonade Joe […] crea o seu efecto cómico primeiramente a través do feito de que ensina os patróns argumentais dos westerns dun xeito concentrado: a constelación habitual de personaxes, as situacións típicas e organizacións de escenas (un forasteiro chegando para axudar á lei e ao orde, un xogador de póker que fai trampas, pistoleiros, entretemento dentro do saloon, duelos, roubos de bancos e demais), e opera con opostos simples (bo-malo, inocente-corrupto, educado-maleducado, beleza-fealdade). Ademais, de xeito similar a O agocho do cazador furtivo ou o millonario nobre, pero dun xeito moito máis completo e consistente, Lemonade Joe emprega técnicas típicas das primeiras fases no desenrolo do cinema como tinguidos, aceleración da imaxe, inversión da imaxe, jump cut e uso do iris. O resultado é un retrato do salvaxe oeste que ofrece unha impresión cómica, pero que tamén está marcado por un certo encanto naíf e que evoca sentimentos de nostalxia. Ao mesmo tempo, con todo, aplícase un elemento subversivo, que é unha innovación introducida dentro da historia contada no filme. Mentres nas versións máis antigas Lemonade Joe era un amante desinteresado e un promotor da limoada da que el conseguía recoller a súa invencibilidade, o “Joe da película” convértese nun representante e co-propietario da fábrica que produce a limoada. Isto lévanos a unha disrupción burlona do mito do western no que as accións do “vingador da xustiza” son, de feito, motivadas por intereses económicos.”

[Tirado de Mareš, Petr (2014, xaneiro). The Kind Millionaire, Lemonade Joe and Superman. On Czech Film Parodies. Images. The International Journal of European Film, Performing Arts and Audiovisual Communication, vol. 14, num. 23, pp. 15-24. doi: 10.14746/i.2014.23.2]

Mércores 10 de novembro ás 21:30
Lemonade Joe, ou a ópera equina
(Limonádový Joe aneb Koňská opera, Oldřich Lipský, Checoslovaquia, 1964, 95’, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s