Autocine sen saída, de Brian Trenchard-Smith

Dead End Drive-In film still 6

“Os artigos de Meaghan Morris habitualmente citados “Fate and the Family Sedan” (1989) e “White Panic or Mad Max and the Sublime” (1998) ofrecen claramente os cimentos para […] calquera discusión sobre a automobilidade, raza e goberno en Australia. Morris argumenta que o coche é particularmente importante na retórica dos filmes australianos de acción dos 1970 e 1980, o que ela explica tamén como “narrativas fóbicas” que exhudan “pánico branco”. A habilidade do coche para “conquistar distancias” e refuxiar pasaxeiros do clima e das contornas naturais (mato ou deserto) é fundamental para as narrativas de tipo road trip (ou viaxe), e cando o coche choca ou está inmóbil, isto provoca pánico e reaccións fóbicas. Por suposto, aquí é onde recae a tensión nestas narrativas; as audiencias locais non teñen que ser avisadas dos perigos do exterior: o automóbil ofrece unha protección moderada, pero sen esa coiraza, os condutores (especialmente os colonizadores brancos) son vulnerábeis. Estas macabras narrativas góticas explotan ansiedades sobre a seguridade e a perda de control. Morris apunta que nestes filmes as comunidades adoitan agonizar polo cambio e polo perigo de ser “deixadas atrás” (claustrofobia, entropía, estancamento, illamento e irrelevancia) mentres ao mesmo tempo tentan poñerse en corentena ante invasores estranxeiros (agorafobia, racismo, nostalxia) (Morris 1998:245-7). Morris lista Shame (Jodrell, 1988), Phobia (Dingwall, 1990), Wake in Fright (Kotcheff, 1971), Long Weekend (Eggleston, 1978) e outras coma exemplos, pero os filmes máis relevantes no contexto deste artigo son os parisinos de The Cars that Ate Paris [Peter Weir, 1974] e a comunidade de Papagallo en Mad Max II [George Miller, 1981] […]. As nun principio desexables utopías “fóra da estrada” (como Paris, a comuna de Papagallo ou o Star Drive-In) viran máis distópicas e os paralelos entre The Cars that Ate Paris e Dead-End Drive-In fanse especialmente rechamantes.

[Dead End] Drive-In ofrece algunhas perspectivas intrigantes sobre a cultura dos coches e da auto-inmobilidade, e presenta moitas das mesmas ansiedades destacadas na claramente claustrofóbica The Cars that Ate Paris. Sen lugar a dúbidas, tanto en Drive-In coma en The Cars that Ate Paris o automóbil funciona poderosamente en pantalla como significante da impotencia e a inmobilización precisamente porque subvirte as convencións sobre o poder do automóbil, a fuxida e a liberdade. Trenchard-Smith desfruta facendo cinema de xénero e non traspasa a marca para dar sermóns. Porén, el tenta, claramente, facer un comentario sobre as políticas raciais australianas. Os filmes australianos con refuxiados ou inmigrantes asiáticos son raras, e os filmes australianos con centros de detención aínda son máis raros. É remarcable que, máis de vinte anos despois, Drive-In prefigura unha Australia onde sitios coma os centros de detención de Baxter e Villawood son parte da paisaxe distópica nacional. Sen dúbida, o filme avísanos de que ese tipo de lugares non teñen saída.”

[Tirado de “Not quite Mad Max: Brian Trenchard-Smith’s Dead End Drive-In”, escrito por Rebecca Johinke e publicado en Studies in Australasian Cinema, 3:3, 309-320, 2009]

Mércores 27 de outubro ás 21:30
Autocine sen saída
(Dead End Drive-In, Brian Trenchard-Smith, Australia, 1986, 88’, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s