Belísima, de Luchino Visconti

Bellissima | NW Film Center

“O cinema e a realidade, a pesar de estar contrapostos, non forman dous bloques compactos e impenetrables. Empezando polo cinema: en Belísima a nosa idea do cine é expresada sobre todo a través da idea que Maddalena ten del, desde o seu rol de espectadora que acude regularmente ás salas, que le novelizacións dos filmes e lareteos sobre as vidas e os romances das estrelas. Na primeira parte da historia o cine é para Maddalena, por dicilo dalgunha maneira, unha dimensión da realidade máis real que a propia vida. O cinema é algo que pon as cousas no seu sitio, porque permite a unha persoa conseguir algo que necesita, pero que a vida non dá directamente. Por un lado, ao amosar un mundo “ideal”, libera unha imaxinación que doutra maneira quedaría atrapada na vida diaria; polo outro, por mor do estatus excepcional que dá a aqueles que participan nel, dálles unha oportunidade para a auto-realización que normalmente non está dispoñible. Noutras palabras, o cinema dá esperanza, permite soñar, experimentar emoción e felicidade, e ao mesmo tempo ser recoñecida polo que unha é e merece ser. Ou, dito doutra maneira, por unha banda proporciona as historias sen as que a existencia sería plana e insoportable, mentres pola outra pon en primeiro plano a identidade da xente que é parte dese mundo, converténdoa nun centro de atención, en persoas coñecidas e cun lugar definido. Esta é a visión que Maddalena ten do cinema, e tena, repito, desde o seu rol de espectadora.

Dúas escenas en particular traen esta visión ao centro: o diálogo co seu marido no cinema ao aire libre onde se proxecta Red River (“Non é só unha historia, non é só unha historia…”) e a pelexa da parella diante dos veciños (“Quero que a miña filla sexa alguén…”). En cada un destes casos, para Maddalena o cinema non está en contradición coa vida: é o que permite que se aproveite un potencial que por outra parte quedaría sen expresar, o que sanciona e lexitima unha dimensión da existencia que polo demais está oculta. Polo tanto, non é deformación, senón apoderamento; non é traición senón ampliación: en resumo, non hai unha separación entre cinema e realidade, senón unha interacción.”

[Tirado de “Cinema in the cinema in Italian films of de fifties: Bellissima and La signora senza camelie”, escrito por Francesco Casetti e publicado en Screen 33:4, inverno de 1992]

Mércores 20 de outubro ás 21:30 na Gentalha do Pichel
Belísima
(Bellissima, Luchino Visconti, Italia, 1951, 108′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s