O lamento da emperatriz, de Pina Bausch

“(…) O lamento da emperatriz revélase coma un soño. O filme eríxese na súa totalidade como unha sucesión de imaxes breves, con protagonistas que cambian e que contan pequenas historias aparentemente incomprensibles, postas núa secuencia de acordo a uns criterios irracionais e artellados a través dunha montaxe fragmentaria de maneira brusca e improvisada. O volume de planos supera o centenar e a media de tempo adicado a cada un é de aproximadamente 40 segundos. Este dato deixa intuír moitas cousas sobre a composición do filme e o método empregado: en primeira instancia, segue o mesmo proceso que para a creación das pezas teatrais (Stücke), é dicir, unha composición mediante a xustaposición, a miúdo de xeito contrastado, dos múltiples materiais que xorden nas longas sesións de improvisación cos bailaríns, actores, coautores… Porén, os resultados son diametralmente distintos.

Atendendo ao ambiente do teatro coas súas regras, múltiples puntos de vista, espazos
tridimensionais e roles interactivos do público, a bidimensionalidade da pantalla propón unha constelación de estímulos visibles nun acontecer frenético e angustioso que ten pouco de amigable e aínda menos de divertido. Isto é coma se a substracción do espazo teatral comportara a elisión do pouso que sempre perdura tras a representación: se os espectáculos permiten facer rir ao público e que as personaxes se presenten a través dun filtro codificado, co vídeo este pouso redúcese e deixa ao descuberto o propio subconsciente coma un soño. Deste xeito, coma un tecido onírico no que o fío se desembeleña no curso do filme, a hipnose envolve ao espectador nunha néboa de significado que se disipará cando o inconsciente, cheo de buracos, libere a súa intuición. Quen son estas personaxes? En que espazo se están a mover? De que xeito? E, sobre todo, por que?”.

[Tirado de “Danza e paesaggio: Die Klage der Kaiserin di Pina Bausch”, por Giulia Romanini, dispoñible en Ricerche di S/Confine, vol. 1, 2013, pp. 91-107]

Mércores 13 de outubro ás 21:30
O lamento da emperatriz

(Die Klage der Kaiserin, Pina Bausch, República Federal Alemá / Francia, 1990, 106’, VO)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s