🎞 Cineclube na casa #9: Nitrato argentino



“O realmente atractivo desa época, en particular vendo o caso arxentino, é que non dista demasiado do que sería unha produción de carácter independente ou experimental, nomenclaturas que son utilizadas hoxe en día, pero non daquela. Eran persoas moi apaixonadas que atoparan algo na imaxe en movemento que lles parecía superador da fotografía, e que tiñan maneiras moi rudimentarias de facelo. Pero que mesmo así eran precisas e efectivas. Esas persoas arxentinas, cunha cámara de madeira e a manivela, cunha determinada cantidade de químicos e en condicións non de todo profesionais, facían obras que moitas veces tiñan resultados espectaculares. Dalgún xeito os ensaios do libro [Nitrato argentino], sobre todo os de Andrés Levinson e Sebastián Yablón, indagan xustamente en como se foi preparando naqueles tempos temperáns o que logo foi a industrialización do cine arxentino dos anos 40 e 50. Foi unha camada de técnicos e directores que se formaron probando e que, efectivamente, fixeron as cousas co que tiñan a man. O que non había era estabilidade, e a sensación era a de que sempre había que volver comezar. Niso tamén tiveron que ver os recorrentes incendios, consecuencia do carácter inflamable do nitrato pero tamén da falta de conciencia ao respecto”.

[Declaracións de Carolina Cappa tiradas de ‘”Nitrato argentino”, la historia de los primeros tiempos del cine’, por Diego Brodersen en Página 12]

Mércores 21 de abril ás 21:30 no Instagram do Cineclube de Compostela
Nitrato argentino
Coa presenza de Carolina Cappa, arquivista audiovisual e coordinadora do proxecto Nitrato argentino

Presentación: https://www.instagram.com/cineclubedecompostela/live/

Lista de reprodución coas pezas da sesión
(duración total 45′)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s