📺 Cineclube na casa #6: Que foi de nós? Fragmentos do arquivo da TVG (1986-1993)

“Así nace unha sensación inxenua, pero profunda, de rasgar un veo, de atravesar a opacidade do saber e do acceder, tras dunha longa viaxe incerta, ao esencial dos seres e das cousas. O arquivo actúa coma un desposuimento; pregadas nalgunhas liñas aparece, non somente o inaccesible, senón o vivo. Anacos de verdade actualmente vencidos aparecen fronte á vista: cegadores de nitidez e de credibilidade. Non hai dúbida, a descuberta do arquivo é un maná que se ofrece e que xustifica plenamente o seu nome: fonte”.
(Arlette Farge, La atracción del archivo, 1991)


“Entre a lingua que define o sistema de construción das frases posibles, e o corpus que recolle pasivamente as palabras pronunciadas, o arquivo define un nivel particular: o dunha práctica que fai xurdir unha multiplicidade de enunciados como outros tantos acontecementos regulares, como outras tantas cousas ofrecidas ao tratamento ou á manipulación. Non ten o peso da tradición, nin constitúe a biblioteca sen tempo nin lugar de todas as bibliotecas; pero tampouco é o esquecemento acolledor que abre a toda palabra nova o campo de exercicio da súa liberdade; entre a tradición e o esquecemento, fai aparecer as regras dunha práctica que permite á vez aos enunciados subsistir e modificarse regularmente. É o sistema xeral da formación e da transformación dos enunciados.

É evidente que non pode describirse exhaustivamente o arquivo dunha sociedade, dunha cultura ou dunha civilización; nin aínda sen dúbida o arquivo de toda unha época. Por outra banda, non somos quen de describir o noso propio arquivo, xa que é no interior das súas regras onde falamos, xa que é el quen dá ao que podemos dicir -e a si mesmo, obxecto do noso discurso- os seus modos de aparición, as súas formas de existencia e de coexistencia, o seu sistema de acumulación de historicidade e de desaparición. Na súa totalidade, o arquivo non é descritible, e é incontornable na súa actualidade”.
(Michel Foucault, Arqueoloxía do saber, 1969)


Mércores 24 de febreiro ás 21:30 no Instagram do Cineclube de Compostela
Que foi de nós? Fragmentos do arquivo da TVG (1986-1993)

Presentación: https://www.instagram.com/cineclubedecompostela/live

Primeiro programa de Sitio distinto (1990) [ata o minuto 30]
https://www.crtvg.es/cultural/especiais/sitio-distinto

Balan/Vladimir Tour: Nace unha estrela (1990)


Inauguración do centro comercial Alcampo de Ferrol (1986)

Manifestación de augardenteiros (1989)

Madonna, en Vigo (1990)

O entroido de Cobres (1992)

https://pasouoquepasou.crtvg.gal/monografico/o-entroido-en-galicia?vrel=420

Viaxe a Galicia do presidente de Cuba. Fidel Castro visita a casa natal do seu pai en Láncara (1992)

Luar – Vai tomar polo cu (1993)

Actuación de Neil Young no concerto dos Mil Anos (1993)

https://pasouoquepasou.crtvg.gal/content/actuacion-de-neil-young-no-concerto-dos-mil-anos

“Gaiteirada” no Obradoiro tras a toma de posesión de Fraga como presidente da Xunta no ano 1993 (1993)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s