⭐ Cineclube na casa #4: Magical Girls

“O quid do xénero das Magical Girl consiste nunha estratexia de marketing para sacarlle rendemento aos intereses específicos da audiencia, de acordo co xénero e a franxa de idade. Sobre todo, grupos de raparigas desde os catro aos nove anos, se temos en conta as idades ás que están dirixidas as franquías de xoguetes máxicos. O emprego polo miúdo dos ideais femininos e masculinos nos programas de televisión infantís asentaron o xénero como a ferramenta probablemente máis potente e obvia, no que se refire á definición e clasificación da cultura audiovisual para a rapazada. Malia a aparente falta de orixinalidade das repetitivas liñas argumentais, propias dos programas de televisión infantís, o xénero das Magical Girl eríxese coma un espazo activo de confrontación de ideas arredor dos roles de xénero e as identidades.

[…]

A temática da década dos 60 sobre a ‘meiga’ dona da casa esmoreceu moi rápido nos Estados Unidos. Así e todo, unha chea de simbolismos culturais do mundo máxico arraigáronse de xeito bastante doado no contexto nipón, o que deu lugar a unha obsesión coas raparigas con poderes máxicos que durou catro longas décadas. Enfeitizada (Bewitched) incorporou o concepto da maxia como un mecanismo de poder feminino do que se había de arredar despois do matrimonio, de xeito que se proporcionaba un “espazo discursivo no que se reformularan o feminismo (o poder feminino) e a feminidade” (Moseley 2002, 403) no abrente da era feminista estadounidense. As raparigas con poderes máxicos xaponesas representaban unha encrucillada semellante á adecuación da domesticidade feminina, que seguía a fascinar a esta sociedade, polo que pasou a ser o trazo definitorio do xénero das Magical Girl. Porén, estas ficaban nun lugar oposto ao das heroínas estadounidenses Samantha e Jeannie, as cales estaban enfrontadas pola relación antagónica entre a maxia (como poder) e o seu tradicional rol de xénero, como nais ou prometidas. O dilema destas rapazas radica entre a adultez feminina e unha etapa xuvenil antesala do matrimonio, tamén coñecida coma shojo. Noutras palabras, as historias das raparigas con poderes máxicos xiran arredor da liberdade para enfeitizar durante a súa adolescencia, xusto antes do matrimonio e a maternidade. Isto suxire a dificultade para imaxinar elementos de poder e transgresión alén do casamento. De feito, este tipo de programas comezaron a saír concretamente cando a taxa de matrimonios por amor superaba aos matrimonios arranxados (miami). Polo tanto, pódese interpretar o xénero das Magical Girl, baseado na ríxida división entre o shojo e o binomio esposa/nai, como unha reacción de ansiedade social fronte ao xurdimento dunha nova etapa do romance”. 

Kumiko, Saito. “Magic, Shojo, and Metamorphosis: Magical Girl Anime and the Challenges of Changing Gender Identities in Japanese Society”. The Journal of Asian Studies, 73.1, Feb. 2014, pp. 143-164.

Mércores 27 de xaneiro ás 21:30 no Instagram do Cineclube de Compostela
Presentación: https://www.instagram.com/cineclubedecompostela/live

O cabaleiro da fita [Abertura]
(リボンの騎士 [Ribon no Kishi], Chikao Katsui / Kanji Akahori, Xapón, 1967, 1′, VO)
https://youtu.be/RAmWuUJChJA

Os segredos de Akko [Abertura]
(ひみつのアッコちゃん [Himitsu no Akko-chan], VV.AA., Xapón, 1969, 1′, VO)
https://youtu.be/pvHhOA6xYfc

A bruxiña Meg [Abertura]
(魔女っ子メグちゃん [Majokko Megu-chan], Shingo Araki / Yūgo Serikawa, Xapón, 1974, 2′, VO)
https://youtu.be/WEWUlNFc1WE

Creamy Mami, o anxo máxico 
 [Abertura]  (魔法の天使クリィミーマミ [Mahō no Tenshi Kurīmī Mami], Osamu Kobayashi, Xapón, 1983, 1′, VO)
https://youtu.be/pDrvhdwkpVM

A fermosa guerreira Sailor Moon: A espléndida transformación de Usagi a choromicas
(美少女戦士セーラームーン: 泣き虫うさぎの華麗なる変身 [Bishōjo Senshi Sērā Mūn: Nakimushi Usagi no karei naru henshin], Junichi Sato, Xapón, 1992, 23′, VOSE)
https://ok.ru/video/2434537949715

Cardcaptor Sakura [Abertura]
(カードキャプターさくら [Kādokyaputā Sakura], Morio Asaka, Xapón, 1998, 1′, VO)
https://youtu.be/nTQD3ulK4yM

Somos Pretty Cure [Abertura]
(ふたりはプリキュア [Futari wa Purikyua], Daisuke Nishio, Xapón, 2004, 1′, VO) 
https://youtu.be/rlpt9K37C5c

Madoka Magica, a rapaza máxica: Como se nos coñecéramos nun soño… 
(魔法少女まどか☆マギカ: 夢の中で会った、ような… [Mahō Shōjo Madoka Magika: Yume no Naka de Atta, Yō na…], Yukihiro Miyamoto, Xapón, 2011, 23′, VOSE)
https://bit.ly/3sXb83z

COMO FUNCIONA O CINECLUBE EN LIÑA?
No tempo no que o Cineclube de Compostela leve a cabo a súa programación a distancia, o esquema para as sesións será o seguinte:
1. Presentación en liña a través dun directo na canle de Instagram do Cineclube.
2. Visionado das obras, que serán pezas dispoñibles en liña e en aberto a través de diferentes plataformas. Facilitaremos os enlaces a través das nosas redes e deste blog no propio día da sesión.
3. Encontro en liña, de novo no Instagram, para compartir impresións sobre o que vexamos.
Os filmes serán, como viña sendo habitual, proxectados en versión orixinal, e a folla de sala que complementa o visionado será publicada como entrada no blog do Cineclube.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s