🏠 Cineclube na casa #3: sesión de animación polaca

“Floreceu coma un dos maiores mestres da animación mundial, realizando obras de intensa humanidade e dramatismo coma A dócil (1985), Paredes (1987), A liberdade da perna (1988), Franz Kafka (1991), Crime e castigo (2000), e desenrolando unha técnica específica definida por el mesmo coma ‘do revoque’ ou ‘do xeso’, parecida á pintura animada sobre vidro. Con estas obras, fortemente inspiradas nas atmosferas creadas por Kafka e Dostoievski, e no arte de Vallotton e de Munch, Piotr Dumała ofreceu ao público imaxes de grande beleza (algúns planos de Franz Kafka ou Crime e castigo serían dignos dun museo), e unha poesía existencial tan tráxica coma potente.”

[Sobre Piotr Dumała: Giannalberto Bendazzi, (2003). Cartoons: 100 años de cine de animación. Madrid: Ocho y medio, Libros de Cine, 2003. (Ano de publicación original: 1988) p. 463].

“Deixádenos considerar a filosofía dos filmes de Lenica. Envolven un xogo artístico, recollido dos filmes experimentais realizados por Ferdinand Léger, un tratamento serio da imaxe no estilo de Méliès, referencias a Chaplin (un home con bombín que aparece nos filmes de Lenica dende o seu debut), ridiculización de clichés culturais -coma os que podemos atopar en O novo Janko o músico e en Fantorro- o derradeiro xusticeiro– e xogos surrealistas, coma os que podemos atopar en Stilleben. Mais hai unha mensaxe máis profunda en case todos eles. (…) Invocou o mito de Ícaro (Labirinto) e mitos de baixa cultura, como Fantomas (Fantorro). Mitigou o absurdo da existencia, tanto no estilo kafkiano (LabirintoAAdam 2) coma no de Ionesco (Monsieur TêteRhinoceros), con xuxtaposicións de obxectos sorprententes e surrealistas no estilo de Max Ernst (Monsieur TêteO novo Janko o músicoLabirinto). A beleza e orde do mundo do Art Nouveau (Labirinto) contrasta coas formas monstruosas de bestas oníricas semellantes a esqueletes (Paisaxe, o filme invocando a experiencia de Lenica durante a guerra, baixo a ocupación xermana) ou as personaxes grotescas e perigosas na súa adaptación de Rei Ubú de Alfred Jarry. Malia a súa variedade de técnicas, temas e xéneros, o estilo de Lenica é bastante doado de recoñecer.”

[Sobre Jan Lenica: Jan Strękowski, xullo 2003, https://culture.pl/en/artist/jan-lenica].

Mércores 20 de xaneiro ás 21:30 no Instagram do Cineclube de Compostela
Presentación: https://www.instagram.com/cineclubedecompostela/live

O novo Janko o músico
(Nowy Janko Muzykant, Jan Lenica, Polonia, 1961, 10′, VO)
https://www.youtube.com/watch?v=hKzISB2JXe0

Labirinto
(Labirynt, Jan Lenica, Polonia, 1962, 14′, VO)
https://www.youtube.com/watch?v=6bG5Y-5adY4

A dócil
(Łagodna, Piotr Dumała, Polonia, 1985, 10′, VO)
https://www.youtube.com/watch?v=RyLQIeHtNOI

Franz Kafka
(Franz Kafka, Piotr Dumała, Polonia, 1991, 16′, VO)
https://www.youtube.com/watch?v=vIu3s3hn5gM

COMO FUNCIONA O CINECLUBE EN LIÑA?
No tempo no que o Cineclube de Compostela leve a cabo a súa programación a distancia, o esquema para as sesións será o seguinte:
1. Presentación en liña a través dun directo na canle de Instagram do Cineclube.
2. Visionado das obras, que serán pezas dispoñibles en liña e en aberto a través de diferentes plataformas. Facilitaremos os enlaces a través das nosas redes e deste blog no propio día da sesión.
3. Encontro en liña, de novo no Instagram, para compartir impresións sobre o que vexamos.
Os filmes serán, como viña sendo habitual, proxectados en versión orixinal, e a folla de sala que complementa o visionado será publicada como entrada no blog do Cineclube.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s