🏠 Cineclube na casa #2: O filme infinito

“Resumindo todas estas deficiencias no concepto de aura, poderíase dicir o seguinte: na época da reprodución técnica da obra de arte, o que se agosta é a aura desta. O proceso é sintomático; a súa significación sinálase por riba do ámbito artístico conforme a unha formulación xeral: a técnica reprodutiva racha o fío entre a tradición e a copia. Ao multiplicar as reproducións, estase a poñer a súa presenza masiva no lugar dunha presenza irrepetible. E confire actualidade ao reproducido ao permitirlle saír, desde a súa situación respectiva, cara o encontro de cada destinatario. Ámbolos dous procesos conducen a unha forte conmoción do transmitido, a unha conmoción da tradición, que é o reverso da actual crise e da renovación da humanidade. Están ademais en estreita relación cos movementos de masas do noso tempo. O seu axente máis poderoso é o cine. A importancia social deste non é imaxinable mesmo na súa forma máis positiva, e precisamente nela, sen este outro lado destrutivo seu, catártico: a liquidación do valor da tradición herdada”.

[Benjamin, Walter (1936). Das Kunstwerk im Zeitalter seiner technischen Reproduzierbarkeit, «Zeitschrift für Sozialforschung»] [versión en portugués]

“Están aí. En todas partes. Agochadas na escuridade ou a plena luz do día. Están nunha variedade de formatos cada vez máis ampla. Imaxes xeradas polos móbiles, cámaras de seguridade, dixitais, profesionais, que se multiplican por millóns. Películas, aniversarios, casamentos e rexistros de guerra. A meirande parte sen ningún obxecto: arquivos temporais nunha memoria breve; outras, cun destino de arquivo para nunca seren vistas. Por que a idea de reutilizalas entón, de volvelas propias e transformalas soa tan rara? Por que as películas feitas de anacos doutros filmes se manteñen nun recuncho escuro da historia do cine?

Unha posible resposta á imposibilidade que moitas veces presenta a práctica do found footage é a estendida adopción dunha falsa teoría autoritarista moi restrinxida, que se rematou por converter nun dogma: o que decide a posta en escena é o autor, polo tanto, aqueles que fan found footage non son tales, son apenas transgresores, non merecen un lugar na historia con maiúsculas. Outra posible razón é que moitos dos cineastas e videastas do found footage teñen unha tendencia destrutiva, pouco respectuosa coa ‘aura’ das metraxes orixinais, o que os convirte en profanadores da arte cinematográfica para os ollos dos historiadores que os terminan ignorando. De feito, no seu recente libro, Antonio Weinreichter relata detalladamente na longa historia da indiferenza e desprezo cara o found footage, como non foi ata despois de máis de dúas décadas, e tendo proliferado como práctica de cine underground e experimental, que foi aceptado como unha forma lexítima nos textos teóricos e críticos.”

[Listorti, L. e Diego Trerotola. (2010). Cine encontrado: ¿Qué es y adónde va el found footage?]

Mércores 16 de decembro ás 21:30 no Instagram do Cineclube de Compostela
O filme infinito
(La película infinita, Leandro Listorti, Arxentina, 2018, 57′)
[Coa presenza do director]

COMO FUNCIONA O CINECLUBE EN LIÑA?
No tempo no que o Cineclube de Compostela leve a cabo a súa programación a distancia, o esquema para as sesións será o seguinte:

1. Presentación en liña a través dun directo na canle de Instagram do Cineclube.
2. Visionado das obras, que serán pezas dispoñibles en liña e en aberto a través de diferentes plataformas. Facilitaremos os enlaces a través das nosas redes e deste blog no propio día da sesión.
3. Encontro en liña, de novo no Instagram, para compartir impresións sobre o que vexamos.

Os filmes serán, como viña sendo habitual, proxectados en versión orixinal, e a folla de sala que complementa o visionado será publicada como entrada no blog do Cineclube.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s