🏠 Cineclube na casa #1: Sesións de espiritismo + Astronauta

“Case todos os directores que traballaron no primeiro medio século da historia do cinema perderon polo menos un filme polos avatares do destino. Estes traballos perdidos lémbranme as pantasmas. Resulta sinxelo equiparar estes filmes perdidos hai moito, que existen de maneira forense só na forma dunhas poucas fotos de produción e algúns números antigos de Variety, con espíritos sen descanso que se nos aparecen. A paisaxe da historia do cinema está repleta dos seus semellantes, atormentándonos coa promesa dun retorno, do seu brillo cálido e rutilante restaurado para nós, como nun milagre. Nunca existirá o tipo de peche que a descuberta dun cadáver trae a unha familia. Estes filmes nunca serán declarados mortos con certeza, continuarán a se nos aparecer coa posibilidade da súa volta. Estes títulos de filmes perdidos son os espectros que tentamos invocar con Sesións de espiritismo”.

(Guy Maddin)

“A Internet é un lugar que a miúdo premia o sorprendente, o triste, o que induce a rabia, ou a busca directamente ambiciosa de atención. Unha mañá de mirar Astronauta é un antídoto a todo iso. É un panorama aleatorio do normal, ordinario e prosaico. Un recordatorio de que os nosos mellores momentos son habitualmente momentos pequenos e cotiáns cos amigos e a familia (subámolos á rede ou non). “Isto non é unha chea de canles de cámaras de seguranza”, di Wong. “Non é inhumano. Agora estou a viaxar, e cando miro os meus vídeos, hai unha razón pola que quixen gravalos. Todos os meus vídeos son grandes momentos coa miña familia. E Astronauta transmite esa mesma calidez amigábel.”

(Jake Swearingen, ”Astronaut.io Is the Dose of Everyday Joy You Need Today”, New York, 17-01-2017)

Mércores 2 de decembro ás 21:30 no Instagram do Cineclube de Compostela
Sesións de espiritismo
(Seances, Guy Maddin / Evan Johnson / Galen Johnson, Canadá, 2016, 10-20′)
Astronauta
(Astronaut, Andrew Wong / James Thompson, EUA, 2011)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s