Os zapatos vermellos

Os zapatos vermellos trata sobre a danza. A súa heroína, Vicky (Moira Shearer) é, ao comezo do filme, unha aspirante a bailarina consumida polo desexo de bailar. Únese á Compañía de Ballet de Boris Lermontov (Anton Wallbrook) onde a súa carreira despega coa súa representación do ballet “Os zapatos vermellos”. Cando casa con Julian achegándonos aos dous terzos da metraxe do filme, el lle prohibe bailar. Despois de que trate de volver ao ballet, Julian e Lermontov confróntana cunha decisión entre o matrimonio e o baile. O filme remata cando Vicky salta cara a súa morte ante o expreso de París, representando tamén o seu suicidio a morte da narrativa, o seu retorno á estase. Estes temas, o movemento e a quietude, o baile e a morte, sonlle tamén centrais ao propio ballet de “Os zapatos vermellos”. Cando os zapatos vermellos forzan á danza á bailarina, o cinema toma o lugar do teatro, cambiando gradualmente cara un mundo alucinatorio no cal o movemento do cinema mestúrase co movemento do baile que só pode rematar coa morte.

Pero os temas tamén se despregan ao longo da historia do propio filme. Os trens simbolizan o movemento incesante da compañía en xira. Literalmente son o medio de transporte dos bailaríns, pero tamén representan de xeito máis figurativo un xeito de vivir nómade e inquedo que é incompatíbel co matrimonio. A oposición semella prefigurada nunha das primeiras escenas, cando Lermontov despide á prima ballerina cando esta anuncia o seu compromiso. A súa despedida da compañía ten lugar na estación de ferrocarril, dividindo visualmente os camiños da viaxe e do matrimonio. O movemento da compañía en xira é repetitivo, indicado polas viaxes, a sucesión de trens, cidades e equipaxes etiquetadas. Tamén hai un tipo de repetición diferente nos procesos de ensaio e representación da disciplina do ballet que sempre retorna ao comezo, a barra de ensaios, sen importar o grande que fose o éxito en escena da noite anterior.”

[Tirado de “O impulso de morte: o movemento narrativo inmobilizado”, de Laura Mulvey, en Death 24x a second, publicado por Reaktion Books en 2006]

Mércores 11 de marzo ás 21:30 no Pichel
Os zapatos vermellos
(The Red Shoes, Michael Powell / Emeric Pressburger, Reino Unido, 1948, 135′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s