Boa viaxe

April-image_Tony-Gatlif

“Se non oíches falar de Latcho Drom — un exuberante e emotivo musical xitano, filmado en CinemaScope e son estereofónico en oito países en tres continentes diferentes — non deberías sorprenderte. A pesar de que o filme paseou polo planeta o último par de anos e recolleu unha chea de entusiastas polo camiño, ten polo menos tres problemas comerciais en contra, cada un dos cales podería ser suficiente para mantela fóra do mainstream a pesar da súa accesibilidade. Os dous primeiros destes son as palabras “xitano” e “musical”; o terceiro é o feito de que non é exactamente documental nin ficción, e polo tanto confunde á crítica e outros comercializadores.

Estes “problemas”, apúrome a engadir, son o que fai o filme pracenteiro, excitante e importante; pero aínda que os medios promovan o contrario, as cifras de ingresos e o goce do público non están sempre na mesma onda. A pesar de que este filme é tan poderoso que virtualmente terás que esforzarte para non bailar durante longos pedazos del, ese feito non se traduce facilmente nun spot de 30 segundos para o prime time (…)

A cultura como a coñecemos hoxe é especialmente definida, sexa implícita ou explicitamente, en termos nacionais. Adoitamos pensar na cultura norteamericana como cultura, sen máis, unha pegada nacional implícita. Pero a cultura xitana non ten país, así que quedamos sen etiquetas. Tecnicamente Latcho Drom é un filme francés – escrito e dirixido por un cidadán francés nacido en Alxeria, chamado Tony Gatlif, que dirixiu sete longas previamente, unha delas española. Pero, existencialmente e esteticamente, Latcho Drom é un filme xitano — un filme sobre o pobo xitano feito por un xitano — o que significa que non ten nacionalidade ningunha. (…) Igual que a experiencia xitana é ignorada e esquecida, é probable que unha película xitana sofra o mesmo destino.”

[Tirado de “Gipsy Melodies“, de Jonathan Rosenbaum, publicado en The Chicago Reader o 10 de febreiro de 1995]

Mércores 26 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Boa viaxe
(Latcho Drom, Tony Gatlif, Francia, 1993, 103′, VOSG)

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s