“Que inspirou o teu último filme?
Moitas cousas, pero sobre todo preguntábame de que xeito o pasado e o presente están relacionados, como os problemas do pasado chegan a nós dun xeito alterado pero relevante, e relevante tamén en como afecta aos nosos problemas hoxe. Esa era a idea principal. Logo, buscando descubrín un interese polos aspectos do pasado de Romanía que non están ben documentados, non están suficientemente falados.
[…]
Durante a sesión de prensa da Berlinale, dixeches que tamén querías entender a Romanía contemporánea a través dunha viaxe ao pasado. Non cres que ao dar unha vista de ollos á Alemaña ou Francia do século XIX revelaríase unha situación moi similar en termos de nacionalismo e racismo?
Por suposto, non penso que Romanía sexa unha excepción. Como un lobo malvado entre un rabaño de ovellas.
Qué podemos aprender sobre a especificidade de Romanía, logo?
Pero a idea do filme non é aprender datos específicos sobre Romanía. Non é un filme turístico. Penso, agardo que podería ser relevante para todo o mundo porque trata de problemas universais, incluso se estes aparecen dende o punto de vista romanés. Creo que é un filme sobre a mentalidade e sobre a historia das mentalidades, sobre como as ideas son recibidas e difundidas dunha persoa a outra. Como as realidades sociais son creadas ou polo menos reforzadas mediante a mentalidade. O que é relevante aínda a día de hoxe.”
[Tirado de “Radu Jude on Aferim!“, escrito por Konstanty Kuzma e publicado en East European Film Bulletin]
Mércores 19 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Bravo!
(Aferim!, Radu Jude, Rumania / Bulgaria / República Checa / Francia, 2015, 108′, VOSG)