Ser xitano

Att vara zigenare, Peter Nestler

Ser xitano estabelece dous puntos de referencia para un estudo das presenzas xitanas e roma neste longo século de infamia. O filme de Peter e Zsóka Nestler marca desde un principio un fito na historia visual do xenocidio xitano. Pola atención prestada ás testemuñas (a súa inmediatez, o seu ritmo, o seu alento), os cineastas mostran toda a capacidade das vítimas xitanas para presentar a súa vida e pór en palabras a súa experiencia. En realidade, o exilio de Peter e Zsóka Nestler non é só unha característica do Novo cinema alemán dos anos 60 e 70. É tamén un dos aspectos persistentes do “cinema romaní” logo da Segunda Guerra Mundial, como se fose necesario para este cinema formarse fóra da sociedade de veciñanza coa que lindan os roma e os xitanos. Quer sexa por seren acollidos con menos desconfianza, quer polas imaxinarías e arquetipos que poboan o imaxinario dos gadjé (palabra romaní equivalente ao termo paio, referido a unha persoa que non é xitana), é ben a miúdo a ollada do estranxeiro a que se dirixe de primeiras cara as familias roma e xitanas. Así, o primeiro filme documental e etnográfico sobre os manush franceses foi realizado pola parella de antropólogos xaponeses Yasuhiro Omori e Kimie Omori: Mour Djiben. Mi vida como xitano manouche [Mour Djiben. Ma vie de tzigane manouche] (1976). Dúas décadas máis tarde, os filmes máis salientábeis sobre os poboados chabolistas dos roma rumanos en Francia están tamén caracterizados por esta mirada afastada. Ese é tanto o caso de Quen ten medo dos xitanos rumanos? [Qui a peur des Tziganes roumains?] (1996), codirixido polo fotógrafo e antropólogo arxentino Leonardo Antoniadis e a cineasta Evelyne Ragot, como de Francia 2007 [France 2007], realizado con bobinas de Super 8 caducadas pola videoartista e artista plástica coreana Gee-Jung Jun”.

En La voz. Testemuñas da catástrofe de Jonathan Larcher [tirado de “Un siècle d’infamie. Jalons pour une histoire politique du «Romani cinema»”. Recherches&Travaux, 2018, 93]

Mércores 5 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Os xitanos da gran cidade
(Gross Stadt Zigeuner, László Moholy Nagy, Alemaña, 1932, 11′, VO)
Ser xitano
(Att vara zigenare, Peter Nestler, Suecia, 1970, 47′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s