Co sangue dos outros

“Christian Corouge converteuse nun activista laboral experimentado no corazón da chamada “folga dos O.S.”(obreiros especializados) dos EUA de comezos dos anos 80, pero seguía facendo un traballo de introspección, buscando palabras para explicar as cousas. O grupo Medvedkine de Sochaux que selou a nosa amizade é un recordo, unha experiencia emocionante e cálida e o final desta inacabada e probablemente ineludíbel colaboración entre algúns mozos activistas laborais e algúns técnicos de cinema que compartiron a modesta ambición de facer filme diferentes. Mais eu xa non podía responder ás súas peticións de axuda. Foi neste punto onde Francine tivo a idea de conectar a Christian e un dos seus colegas sociólogos, Michel Pialoux, e que esta relación se convertera nunha colaboración que culminou coa redacción do libro Résister à la chaîne, asinado por Christian Corouge e Michel Pialoux (…)

Co sangue dos outros, máis que un filme sobre o traballo é un filme sobre a violencia. Como conseguiramos obter as imaxes de traballo na fábrica de Sochaux, grande parte da película está composta por estas imaxes co seu son sincrónico, é dicir un barullo permanente que emperrou na mestura a un dos nosos pais simbólicos, un grande resistente como Mario Marret, e ao enxeñeiro de son Antoine Bonfanti cara os límites do soportábel, pensando naqueles traballadores que se atopan con problemas auditivos antes da facerse vellos. A “secuencia das mans” chega como un remanso neste universo sonoro. Aínda temos as imaxes dos homes no traballo, pero as palabras veñen enmarcadas nun silencio, o da soidade.”

[Carta de Bruno Muel a Tangui Perron, 2012]

Mércores 27 de novembro ás 21:30 no Pichel
Os tres cuartos da vida
(Les trois-quarts de la vie, Grupo Medvedkine de Sochaux, Francia, 1971, 18′, VOSG)
Co sangue dos outros
(Avec le sang des autres, Bruno Muel, Francia, 1975, 52′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s