Muro muros

“[Logo de pasar os anos setenta en Francia], Agnès Varda volveu a Los Angeles en 1979, para facer un filme para unha produtora francesa baseado nun caso real no que un policía lle disparara a un home nunha rúa de L.A., aparentemente por estar espido. Pero o proxecto veu abaixo, deixando á cineasta frustrada e desocupada, e vivindo nunha casa en Venice Beach co seu fillo de sete anos, Mathieu. O feito de terse separado temporalmente do seu marido, Jacques Demy, aumentaba a súa sensación de illamento.
 
Impulsada por estas decepcións, fixo Mur Murs (1980) e Documenteur (1981), un documental e un traballo de ficción radicalmente interconectados. Estes filmes de baixo presuposto amosan a Varda no cumio do seu poder intelectual e estético, reflectindo cada un a súa incansable curiosidade e a alienación que estaba experimentando. Mur Murs rexistra elegantemente os grandes e coloridos murais que converteron Los Angeles nunha galería alegre e multicultural ao aire libre; non obstante, segundo o filme avanza, revélase tamén como unha topografía da paisaxe racial e sociolóxica en crecemento da cidade: moitos dos murais están localizados en comunidades mexicano-americanas e afroamericanas e funcionan como expresións públicas da súa marxinalización. (…) Como Varda explicou, Mur Murs é “un retrato da cidade a través do que se amosa na rúa – palmeiras e sol e todos estes murais e todo o mundo expresándose”; Documenteur é “a sombra da primeira… o que non ves en Los Angeles, a cidade de ningunha parte dentro da cidade”. (…)”

[Tirado de “Eclipse Series 43: Agnès Varda in California“, de Michael Koresky en Criterion]

Mércores 9 de outubro ás 21:30 no Pichel
Muro muros
(Mur Murs, Agnès Varda, Francia / EUA, 1981, 82′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s