A casa das fiestras que rin

La casa dalle finestre che ridono, Pupi Avati,.jpg


“No filme A
 Casa das Fiestras que Rin (1976), Avati inicia unha investigación sobre o horror nas raíces culturais da sociedade italiana, mediante a relación entre o fresco a restaurar dunha igrexa rural que representa a tortura de San Sebastián e as actividades sanguentas de dúas irmás. A realización de Avati, sempre sobria e nada artificiosa, consegue mediante a iluminación e uns elegantes movementos de cámara un clima de progresiva descomposición. Segundo Phil Hardy, Avati conecta co Powell de O fotógrafo do pánico (1959) e a tradición do horror xaponés representada por Shiro Toyoda e o seu Jigokuhen (1969), coa fascinación de recrear na arte o momento da morte, o que non deixa de estar cerca das formulacións psicolóxicas do gusto polo snuff. Tampouco poden deixarse de lado as connotacións do traballo de Avati coa tradición lovecraftiana, ese terror innomeable e oculto detrás dunha aparente pero ambigua normalidade.”

 

[Tirado de “O fantástico, un xénero á italiana” por Ángel Sala en Cine fantástico y de terror italiano (VV.AA.), 1997: pp. 37- 9 e 48].

Mércores 25 de setembro ás 21:30 no Pichel
A casa das fiestras que rin
(La casa dalle finestre che ridono, Pupi Avati, Italia, 1976, 106′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s