Historias para non durmir

historias para non durmir
“Tampouco descubrimos nada novo, e é algo recoñecido polo propio Ibáñez Serrador, que a construción da meirande parte dos episodios das Historias para non durmir dos anos sesenta (non é o caso de O televisor), con Ibáñez Serrador presentando cada episodio ao comezo do mesmo, en ocasións facendo gala dun humor desengraxante, estaba directamente inspirada nas presentacións de Alfred Hitchcock para as súas series Alfred Hitchcock presenta (Alfred Hitchcock Presents, 1955-1962) e A hora de Alfred Hitchcock (The Alfred Hitchcock Hour, 1962-1965). Igualmente, a construción narrativa de moitos episodios de Historias para non durmir, en particular a dos de media hora de duración, lembra moito a doutra famosa serie de televisión con creador-presentador á cabeceira de cada capítulo: a extraordinaria A zona crepuscular (The Twilight Zone, 1959-1964), de Rod Serling. A diferenza desta última ou das serie de Hitchcock, que correron a cargo de numerosos realizadores, Historias para non durmir caracterizouse porque todos os seus episodios foron dirixidos por Ibáñez Serrador, quen tamén firmou en solitario a meirande parte dos guións baixo o seu seudónimo habitual, Luis Peñafiel (…). Pero, a imaxe e semellanza das series de Hitchcock e Serling, a de Ibáñez Serrador tamén se caracterizou polo seu sentido do gimmick ou, se se prefire, do “golpe de efecto final”, e pola presenza recorrente dun determinado equipo técnico (o decorador Fernando Sáenz) e artístico (o compositor Waldo de los Ríos e un elenco de notabilísimos intérpretes encabezado polo pai de Ibáñez Serrador, Narciso Ibáñez Menta, cuxa presenza resulta practicamente por si soa un sinal de identidade da serie, seguido doutros habituais como Estanis Gonzále, Lola Lemos, Pedro Sempson ou José María Caffarel, por citar uns poucos).”

[Tirado de “Cartas de amor ao fantástico”, de Tomás Fernández Valentí. Publicado en Dirigido por…, nº 1497, marzo de 2019].

Mércores 4 de setembro ás 21:30 no Pichel
Historias para non durmir: O asfalto
(Historias para no dormir: El asfalto, Narciso Ibáñez Serrador, Estado Español, 1966, 34′, VO)
Historias para non durmir: O televisor
(Historias para no dormir: El televisor, Narciso Ibáñez Serrador, Estado Español, 1974, 68′, VO)

Unha idea sobre “Historias para non durmir

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s