Viva o amor

“Hai catro paradoxos en Viva o amor do cineasta taiwanés Tsai Ming-liang, gañadora do León de Ouro do Festival de Venecia en 1994; pese ao seu título, o filme amosa unha marcada ausencia de amor. Hai nela tres personaxes illados nun piso baleiro do Taipei contemporáneo que cada un deles utiliza e onde se atopan de cando en vez. A meirande parte do tempo están sós, facendo pouca cousa. E mesmo cando non o están, un vese afectado pola alienación da xente ao seu redor. Esta ausencia de amor en Viva o amor é o primeiro paradoxo. Pode dar conta da resposta internacional dominante aos filmes de Ming-liang ata o de agora, a cal, como sinala Fran Martin no seu recente ensaio sobre Viva o amor, ten lugar nunha liñaxe de filmes sobre a característica alienación urbana na modernidade. O ensaio de Martin únese a unha corrente de escrita alternativa […] que sitúa firmemente os filmes de Tsai na emerxencia da cultura local tongzhi lésbica/gai/queer dos anos 90.

Os outros tres paradoxos están asociados co modos de filmar adoptado en moitos dos filmes de Tsai, especialmente en Viva o amor. Chámolle a este modo realismo hiperbólico porque representa o seu propio realismo dun xeito excesivo como para atraer a atención sobre si propio, facendo del case un caso límite do realismo. A actuación realista ordinaria supón tan só un paradoxo. Actuar implica un público, pero para producir o efecto ilusionista desexado, o realismo require que os actores rexeiten a presenza da audiencia, de xeito evidente ao non mirar nunca directamente á cámara. De aí o dito de que actuar ben é non actuar en absoluto.”

[Tirado de Chris Berry, ‘Where Is the Love? Hyperbolic Realism and Indulgence in Vive l’amour,’ en Chris Berry e Feii Lu (Ed.), Island on the Edge, pp. 89–100.]

Mércores 10 de abril ás 21:30 no Pichel
Viva o amor
(愛情萬歲 [Àiqíng wànsuì], Tsai Ming-liang, Taiwan, 1994, 118’, VOSG)

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s