Go Fish

Go Fish foi unha película moi importante para toda unha xeración de lesbianas. Cres que envelleceu ben?

Segue sendo relevante observar de onde vimos. Se falamos de feminismo, é moi importante coñecer cantas mulleres foron violentadas e asasinadas loitando polo dereito ao voto. É o que somos. Non quero soar vella e son a primeira que paso páxina pronto. Non se trata de vivir no pasado senón de contextualizar o presente. Porque historicamente seguimos a cometer erros por non mirar ao pasado.

(…)

No caso de Go Fish a xente agradeceu que non fora un bollo drama. Décadas despois, o melodrama lésbico segue a ser habitual nas propostas súpervendas como A vida de Adele.

Con Go Fish queríamos mostrar como era a comunidade, como as nosas vidas: tíñamos compañeiras de piso, tíñamos gatos, laretábamos sobre outras persoas, ás veces éramos crueis, outras amables, entusiasmábamonos cando comezábamos unha nova relación.. Diso trataba a película. Era un cachiño da Nosa vida. Unha historia sinxela sobre un primeiro amor. A vida de Adele é un fraude. Non me gusta nada de nada. Tiña expectativas altas. Captar un primeiro amor é algo tan importante e fascinante… Máis aló do debate sobre os oito minutos de sexo, pareceume moi falsa. O peor é que sentín que as actrices estaban a dalo todo, e que o problema foi a dirección, ou tal vez o guión.

[Tirado da entrevista que lle fixo June Fernández para Pikara Magazine en 2016, logo de recoller o premio honorífico do Zinegoak]

Mércores 3 de abril ás 21:30 no Pichel
Go Fish
(Go Fish, Rose Troche, EUA, 1994, 84′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s