A etnomusicoloxía dende a tradición ao pop – Sección Trazas na 14ª MICE

petit-planets-1.png

LUNS 25 DE MARZO 
Ás 22.00h no Teatro Principal
Entrada de balde previa retirada de entradas nas billeteiras do teatro [dispoñíbles dende o sábado 23].

Afro-american Work Songs in a Texas Prison
(Toshi Seeger, EUA, 1966, 29′, VOSG)
Toshi Seeger visitou co seu marido Pete, o seu fillo Daniel e o folclorista Bruce Jackson o cárcere de Huntsville (Texas) en marzo de 1966 para documentar as cancións de traballo dos presos. Eses cantos axudaban aos prisioneiros a soportar as duras tarefas que eran forzados a facer. Pouco despois da produción desta película e coa chegada da mecanización estas cancións desapareceron.

Y tenemos sabor
(Sara Gómez, Cuba, 1967, 24′, VOSG)
…Y tenemos sabor é un percorrido pola exótica gama de instrumentos de percusión (claves, maracas, bongós, güiros, etc) empregados na música cubana e sobre a orixe destes. A directora Sara Gómez era música de formación e a montaxe sincopada da peza captura a rítmica cruzada da música, servíndolle de contrapunto.

The End of an Old Song
(John Cohen, EUA, 1969, 27′, VOSG)
Filmada nas montañas de Carolina do Norte, esta peza documental volve sobre a rexión onde o folclorista inglés Cecil Sharp recolleu as baladas británicas que se cantaban na zona a principios do século XX. Aínda que a tradición lírica cambiou, o estilo do canto continúa.


 

MÉRCORES 27 DE MARZO
Ás 22.00h no Teatro Principal
Entrada de balde previa retirada de entradas nas billeteiras do teatro [dispoñíbles dende o sábado 23].

The Wigan Casino
(Tony Palmer, Reino Unido, 1977, 26′, VOSG)
The Wigan Casino é o único documental que se conserva sobre o movemento do northern soul. Tony Palmer viaxa a Wigan, o berce dos fans desta fraternidade da danza para analizar o club e o seu entorno social. Capta tamén as cadeas de montaxe e a Revolución Industrial do momento. Bailes e fábricas. O que emerxe disto é a elucidación total dunha subcultura que pon énfase clase obreira e na irmandade.

Heavy Metal Parking Lot
(Jeff Krulik e John Heyn, EUA, 1986, 16′, VOSG)
O 31 de maio de 1986 Jeff Krulik e John Heyn gravan o aparcamento do Capital Center en Landover (Maryland) xusto antes do concerto do grupo de heavy metal Judas Priest. Esta peza, que retrata aos fans da banda, converteríase no tempo en algo tan lendario como a propia xira.

rexistro|7|telephones rouges nun cuarto
(Rubén Domínguez, Galicia, 2018, 9′, VO)
O grupo Telephones Rouges (en activo ata o ano 2013) fan a súa primeira aparición en directo un 13 de abril de 2007 nun dormitorio dun piso da Rúa Bizkaia da Coruña. O evento leva por nome “Stroszek Ballroom I” e os veciños deciden non protestar. Laura, Ezequiel, Doa, Tamara e Ángel rexistran o concerto e a acción. 11 anos despois os ritmos, o ruído e as ansias recompóñense dentro do arquivo de Prenom.

I Sing the Desert Electric: Music Performance in the Western Sahel
(Christopher Kirkley, Mauritania-Mali-Níxer-Nixeria, 2012, 19′, VO)
Esta peza está formada por unha colección de vídeos curtos gravados en catro lugares e que representan catro escenas de música diferentes e rexionais. Desde as guitarras eléctricas difusas de Mauritania ata as ruidosas festas electro de Bamako (Mali). I Sing the Desert Electric ofrece unha mostra da escena contemporánea do Sahel Occidental, que tamén se pode apreciar e escoitar a través de Sahel Sounds, selo discográfico que produce a peza.

petites planètes_ volume 5_Peret
(Vincent Moon, España, 2010, 20′, VOSG)
Vincent Moon visita a Peret na súa casa e realiza un retrato no que a música do mito da rumba catalana se escoita nun contexto íntimo e familiar, con fillos e netos escoitando ou uníndose ás interpretacións.


 

XOVES 28 DE MARZO
Ás 20.00h en NUMAX
Entrada de balde [dispoñíbles dende o sábado 23 exclusivamente na billeteira de NUMAX e máximo 2 por persoa].

Alentejo Alentejo
(Sérgio Trefaut, Portugal, 2014, 100′, VOSG)
Ao sur de Portugal, no Alentejo, grupos de afeccionados ao cante coral reúnense para cantar temas tradicionais e improvisar letras sobre a actualidade. Isto é o coñecido como cante. Unha forma de expresión única, que transmite o pasado de Portugal a través das voces apaixonadas dun presente cambiado. O cante nace nas tabernas e nos entornos rurais, onde os seus habitantes se reúnen para cantar en grupos corais as cancións que aprenderon e seguen a transmitirse de xeración en xeración. Este filme é unha viaxe cara o Portugal actual, descubrindo o cante e a vida daqueles que cantan e parecen expresar a profunda voz da terra.

[coa colaboración de Folkstreams, Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC), arquivo Prenom, Sahel Sounds, Petites Planètes e Faux Tréfaut]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s