A OUTRA MIRADA: Sesión de curtas de directoras galegas

 

This slideshow requires JavaScript.

 

Este mércores 20 de marzo terá lugar a última sesión do ciclo A Outra Mirada e que estará composta por oito curtametraxes dirixidas por novas creadoras galegas. A proxección contará coa presenza das realizadoras Ariadna Cordal, Noemi Parga, Aldara Pagán, Sara Iglesias e Ada Seoane.  

Estela é o debut na animación de Ariadna Cordal, foi premiado polo Eckerd College Film & Video Festival e pola Universidade de Vigo. A curta Muller personaxe é un videoensaio de Lucía Estévez galardoado co II Premio María Luz Morales. O que precede a caída é branco é a primeira curtametraxe de Aldara Pagán e mostra, con ecos de Chantal Akerman, un irredutíbel alento de tolemia intermitente. En The Widow Noelia M. Muíño realiza unha peza de ficción sobre unha muller que chega a casa do funeral do seu home. En A Typical Morning, Arancha Brandón propón unha viaxe surrealista entre o pasado e o presente a través das vivencias da nai da directora. Metralla, de Noemi Parga, foi Premio de creación audiovisual Universidade de Vigo no 2018 na categoría de documental. 16-11-2016/13-5-2017 é un videodiario no que Marta Valverde leva ao audiovisual notas nun caderno xurdidas da memoria. Os Remedios, pola súa banda, é unha peza experimental de Sara Iglesias, Ada Seoane, Laura LaMontagne, Patricia López e David Rodríguez premiada no LAVmov de Vedra.

Mércores 20 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Estela
(Ariadna Cordal, Galiza, 2017, 3′, VO)
Muller personaxe
(Lucía Estévez, Galiza, 2018, 9′, VO)
A Typical Morning
(Arancha A. Brandón, Galiza, 2018, 7′, VO)
O que precede a caída é branco
(Aldara Pagán, Galiza, 2018, 8′, VO)

The Widow
(Noelia M. Muíño, Galiza, 2018, 9′, VO)
Metralla
(Noemi Parga, Galiza, 2017, 11′, VO)
16-11-2016/13-5-2017
(Marta Valverde, Galiza, 2017, 17′, VO)
Os Remedios
(Sara Iglesias / Ada Seoane / Laura LaMontagne / Patricia López / David Rodríguez, Galiza, 2018, 3′, VO)

Unha idea sobre “A OUTRA MIRADA: Sesión de curtas de directoras galegas

  1. Sorprendiume para ben ver unas curtas de directoras de cine novas, bastante bós dentro do que se pode, Preparabame Xa para unha sesion un pouco aburrida e con moitas filmes que desexas que acabe, pero non foi tan asi, maisomenos os traballos audiovisuais estan ben resoltos, e en su maiora se entenden o que queren decir., alguns mais outros menos e alguns mais currados e outros menos, claro est-á.
    De todos modos quedeime pensando do paradigma do director Xenio que ten unha chica o seu lado nomalmente a sua muller que: sin ela non poderia facer o traballo que xeralmente consistía en cortar e pegar,de aquela, e dicir o montaxe puro duro, mentres o “xenio” fumaba pitillos e filosofaba.
    Parece que a cousa empeza mudar e a ver se aparecen Xenias da cinematografia currantes que poidamos disfrutar dos seus traballos pronto.
    Saúdos

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s