A OUTRA MIRADA: Fillas do po

“Hoxe en día Fillas do po é unha referencia que marcou o imaxinario de artistas como Beyoncé, cuxas referencias visuais dentro dos vídeos do álbum Lemonade (2016) axudaron a que a película película retornase á vangarda da cultura, con referencias explícitas onde se presentan mulleres novas na praia, vestidas con vestidos brancos e reunidas fronte a unha cabana nunha illa.

En palabras de Carvell Wallace “[…] atrapadas entre o futuro e o pasado, entre o cadaleito e o útero, Fillas do Po é unha meditación non só sobre a vida negra, senón sobre a vida mesma, o paso do tempo e a procura do fogar. Non é tanto unha historia como unha fotografía de familia, estudada e paciente, pura e sen adornos. A través de imaxes de beleza cegadora – dunas de area tan granulares que se converten en etéreas, vestidos brancos contra pel negra que se balancean nun crepuscular ceo nocturno de albaricoque- Dash, o director de fotografía Arthur Jafa e o deseñador de produción Kerry Marshall presentan unha teoría visual da beleza da diáspora que é, en si mesma, unha fuxida utópica das imaxes brutais, rotas, cicatrizadas e sufrintes que tipicamente vemos da negrura”.

Mércores 13 de marzo ás 21:30 no Pichel
Fillas do po
(Daughters of the Dust, Julie Dash, EUA, 1991, 112′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s