A OUTRA MIRADA: Enigmas da esfinxe

Enigmas da esfinxe é unha película de 1977 dirixida por Laura Mulvey e Peter Wollen na que se mostra unha nova visión –para a época– do papel da muller na vida doméstica e a maternidade. Neste filme, Mulvey explota todo o que teorizara no seu ensaio de 1975, “Pracer visual e cinema narrativo”; un texto no que Mulvey utiliza a psicanálise de Sigmund Freud e Jacques Lacan para analizar nunhas poucas liñas os motivos polos que o cinema se organiza, sen darse conta, baixo as ideas e valores dun patriarcado onde a muller é só obxecto de desexo da mirada do home, xa sexa o director, os espectadores ou os personaxes masculinos da película.

Desta maneira, a autora conseguiu explicar por que o Hollywood clásico é machista e mantiña unha imaxe obxectualizada da muller,  sempre subordinada á ollada masculina. Mulvey converteuse nunha pioneira da análise fílmica feminista, a quen seguirían pouco despois nomes tan relevantes como Judith Butler, que incorporou a teoría queer a esa análise da ollada, Teresa de Lauretis, Anne Kaplan e moitas outras”

[Tirado de Mulvey, Laura (1975, 1 Octubre) “Visual Pleasure and Narrative Cinema”, Screen, 16, 3: 6–18]

Mércores 6 de marzo ás 21:30 no Pichel
Enigmas da esfinxe
(Riddles of the Sphinx, Laura Mulvey / Peter Wollen, Reino Unido, 1977, 92′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s