Proxecto diario 365 [do 14 ao 28 de febreiro]

365-day-project-e1549282793630.png

Wired: De onde veu a idea de facer 365 filmes en 365 días?

Jonas Mekas: Teño moitísimo material. Levo gravando en vídeo a miña vida e as vidas dos meus amigos aló onde vou dende 1987. Iso son 20 anos de vídeos, miles e miles de horas. Nunca souben que facer con elas. Fixen unha recopilación. Pero senón aí queda.
A maioría dos meus vídeos consisten en fragmentos, de un ou dous minutos. Son haikus ou esbozos. Teño miles. Así que agora, empezando o 1 de xaneiro, vou rematar un filme cada día. Quizais un terzo usará material vello, e dous terzos usarán novo.

Wired: Estás planificándoo?

Jonas Mekas: Non, non, non. Revisarei algún do material vello e escollerei algunhas cousas para usar. Pero co novo material, prefiro non sabelo. Será un proxecto completamente impredicible. Iso é o que me excita del.

Wired: Usaches os 16 milímetros por 30 anos ata cambiar ao vídeo. Podes describir que é diferente entre gravar en dixital e en película?

Jonas Mekas: Hai algúns anos, din unha clase na Cooper Union chamada “A absoluta e fermosa interrelación entre tecnoloxía, contido e forma do cinema”. No momento en que cambias a tecnoloxía – dunha cámara de película a unha de vídeo, ou dunha de 8 mm a unha de 16 – cambias completamente o contido. Con 8 mm, unha folla nunha árbore estará feita de, quizais, catro grans. Así que é moi impresionista, case como Seurat. Se cambias a 16 mm, a tecnoloxía dáche centos de grans desa folla. Está máis profundamente detallada, é máis naturalista.
Algunhas cámaras son pesadas e precisan estar en trípodes. Outras son pequenas dabondo como para escondelas no peto. Hai lugares onde non queres sentir que molestas a ninguén, así que usarei unha cámara como esa.

[Da entrevista a Jonas Mekas “Short Films from a long life” en Wired ]

Mércores 6 de febreiro ás 21:30 no Pichel
Proxecto diario 365 [do 14 ao 28 de febreiro]
(Day Project 365 [February 14th-February 28th], Jonas Mekas, EUA, 2007, 96′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s