El está en pé nun deserto a contar os segundos da súa vida

Unha continuación dos meus diarios fílmicos. A metraxe cubre o período de 1969 a 1984. Durante o mesmo período gravei moita máis metraxe que a que vedes en El está en pé nun deserto… Estou incluíndo neste filme só a metraxe máis impersoal. Orixinariamente, estaba planeando chamar a este filme Anthropological Sketches. Consiste de escenas, bosquexos de xente, actividades, happenings, sucesos fóra – ou case fóra – da miña vida que observo por unha lixeira distancia. Hai algúns bosquexos que son da miña vida persoal, incluínos para equilibrar, para entrar en calor para o material impersoal. (…)

O filme consiste en 124 bosquexos breves, cada un de un minuto e medio a dous. Retratos da xente coa que pasei algún tempo, lugares, estacións do ano, tempo atmosférico (treboadas, xistras de neve), moitos dos meus amigos cineastas como Hans Richter, Rossellini, Marcel Hanoun, Adolfo Arrieta, Henri Langlois, Cavalcanti, Kubelka, Ken Jacobs, Kenneth Anger, Kuchars, Breer, Willard Van Dyke, Frampton, etc., ou simplemente amigos, como John Lennon, Jackie Onassis, Lee Radzwill, John Kennedy Jr. e Caroline, Tina e Anthony Radziwill, Peter Beard, Andy Warhol, Richard Foreman, P. Adams Sitney, Yoko Ono, Raimund Abraham, Hermann Nitsch, Allen Ginsberg, George Maciunas, e moitos outros incontables – rúas e parques de Nova York – breves escapadas á natureza, fóra da cidade – nada espectacular, todo moi insignificante, sen importancia – unha miscelánea de celebracións da vida que agora xa desapareceu, e que permanece só gravada nestes esbozos breves e persoais. “Garda un diario e o diario gardarate”. Mae West, a Peter Beard [do filme].

[Tirado do catálogo de The Film-Makers’ Coop. Dispoñible en: http://film-makerscoop.com/catalogue/jonas-mekas-he-stands-in-a-desert-counting-the-seconds-of-his-li]

Mércores 20 de febreiro ás 21:30 no Pichel
El está en pé nun deserto a contar os segundos da súa vida
(He Stands in a Desert Counting the Seconds of His Life, Jonas Mekas, EUA, 1986, 149′, VOSG)

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s