Jonas Mekas (1922-2019)

mekas
[Carta de Jonas Mekas a un galerista]
Prezado:
Non quero discutir contigo porque agora mesmo estás atravesando un mal momento. Sei que os malos momentos pasarán e sairás adiante dunha forma ou outra, pero quero dicir unha cousa con respecto ao que comentaches sobre a miña CARREIRA. A tomar polo cu a carreira! Xamais me importou, non a preciso. Nin sequera sei o que quere dicir ter unha CARREIRA! Adícome a facer cousas. Filmes. Desde a infancia até agora. Fíxenas e fágoas agora, e penso seguir a facelas, e ninguén pode determe nin axudarme de verdade, incluído TI. Son unha máquina de facer cousas. E non me interesa a miña carreira. Fago cousas sen parar. E non se venden. Se alguén trata de vendelas e ao final o consegue, paréceme ben que o faga, pero impórtame unha puta merda. Así que non me fales de carreiras nin de axudarme. Non podes axudarme. E non PRECISO que me axudes! Xa estou demasiado involucrado. Aproveita esa axuda para ti, non para min. É que non a preciso!!!! Os anxos son os únicos que de verdade me axudan e con iso bástame. Penso cooperar con calquera museo ou galería que queira  expor a miña obra e desexareilles boa sorte. Pero en realidade non os preciso! Son capaz de calquera cousa polos amigos. Creo na amizade. Así pois, se traballo contigo, ou con quen sexa, será só por amizade, pero non porque teña en conta a miña CARREIRA. En realidade a palabra «CARREIRA», non sei explicar por que, sempre que a escoito paréceme escoitar «CEMITERIOS»… Así que non me fales da miña carreira!
Jonas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s