E houbo luz

“Iosseliani, como suxire Carlos Reviriego, é un cineasta epicúreo, un creador entregado á captura dos praceres cotiás e fuxidíos, tan imperceptíbeis como significativos. Os seus filmes xiran arredor do anecdótico, a partir do que logo son capaces de retratar as dinámicas e mesmo a cosmovisión de grupos e comunidades enteiras. Tomemos por exemplo aos monxes agostiños de Un petit monastère en Toscane: as primeiras secuencias deste filme amosan as súas rutinas e rituais, mais segundo a avanza metraxe a cámara de Iosseliani sae do mosteiro para rexistrar as tarefas e os costumes dos habitantes da contorna, atendendo así aos vencellos que establecen uns e outros co medio no que viven. O resultado, fermoso e poético, é un retrato coral que vai xunguindo moi paseniñamente o divino co humano, o traballo co lecer e, en definitiva, o particular (a Abadía de Sant’Antimo) co xeral (o pobo de Montalcino). O mesmo se pode dicir de Georgian Ancient Songs con respecto ao pobo xeorxiano, de Euskadi été 1982 no tocante aos habitantes da Baixa Navarra, ou de Et la lumière fut para referirse a calquera cultura ameazada de extinción. Deste xeito, ao reivindicar as particularidades propias de cada comunidade ou cultura, Iosseliani practica un internacionalismo humanista no que ao final, o que nos une a todos, é a procura dos pequenos praceres cotiás”.

[Tirado de Villarmea Álvarez, I. (2015, 27 Marzo) “Amar, beber e cantar. O cinema epicúreo de Otar Iosseliani”, A Cuarta Parede 25, Consultado o 16 de Xaneiro de 2019]

Mércores 30 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
E houbo luz
(Et la lumière fut, Otar Iosseliani, Francia/RDA/Italia, 1989, 105′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s