Cluny Brown

cluny brown, ernst lubitsch

“A finais do ano 1945, Lubitsch, que tivera graves problemas de saúde, obtén permiso do seu médico para retomar o seu posto detrás da cámara. Cluny Brown é unha adaptación dunha popular novela de éxito de Margery Sharp, fonte moi diferente das obras húngaras que lle encantaban a Lubitsch. Heaven can wait (1943) era un filme demasiado testamentario para ser certo. Despois do esplendor deste, e do que pasaba por ser unha emotiva despedida, a máis modesta Cluny Brown queda nunha posición de outsider un pouco molesta, e raramente aparece citada dentro das “grandes” obras de Lubitsch. Aparentemente desprazada, Cluny Brown ten algo de parrulo feo que fai que atraia e fascine aínda máis ao espectador atento.

O filme é famoso pola sátira que fai da sociedade inglesa. Lembremos de pasada que agás un breve episodio londiniense de Design for living (1933) e de outro máis amplo de Angel (1937), Lubitsch non se interesara practicamente por Inglaterra despois de Lady Windermere’s Fan (1925), vinte anos atrás. Os ataques que vertía nela sobre a elite londiniense, que veñen de Wilde tanto como de Lubitsch, compoñían unha sátira moi diferente á de Cluny Brown, sendo a deste último filme á vez máis feroz e máis doce. Os dous protagonistas, Cluny Brown e Adam Belinski (Jennifer Jones e Charles Boyer) fican a resgardo das burlas, estando como están, por definición, fóra de lugar. Porén, todo o resto son descritos cunha ironía onde a crueldade aparece atenuada pola simpatía que lle inspira cada un dos personaxes ao realizador”.

[Tirado de Fragmentos do libro Lubitsch de Jacqueline Nacache. Ed. Edilig, 1987]

CLUNY BROWN – Ernst Lubitsch (1946)

Mércores 9 de xaneiro ás 21:30 no Pichel
Cluny Brown
(Cluny Brown, Ernst Lubitsch, EUA, 1946, 100′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s