Balnearios

“O crítico Quintín lembra que en 1999, cando participou como membro do xurado da Fundación Antorchas –que daquela financiaba un proxecto con 10.000 dólares– recibiu o guión de Balnearios, unha obra que se diferenciaba claramente das demais.

Non só carecía da estrutura habitual en tres actos e desobedecía tódalas regras e técnicas da escritura de guión, senón que era realmente diferente (…) era un mofumental cunha presenza moi forte da voz en off que clasificaba os diferentes balnearios do país: dende sitios requintados para ricos na beiramar até lugares ordinarios –e non especialmente agradábeis– canda algúns ríos pequenos. Semellante leria podía ser lida como un informe para algunha caste de organismo público, agás por un detalle: había un lixeiro ton irónico no texto, demasiado autoconsciente como para ser un documento burocrático.

Llinás gañou o subsidio e Balnearios viu a luz. Como ben intuíu Quintín, o elemento máis rechamante non era a decisión de facer un filme sobre os asentamentos creados para gozar da auga, senón esa escritura que se achegaba moito ao documento no escrito e ao documental nas imaxes sen deixar de parodialos a cada momento. A reapropiación dunha forma extraartística (a descrición puntillosa dun burócrata que fai un inventario topográfico), traballada e modelada para tornarse artística ou estética. O que chamou a atención –por ser unha tradición practicamente inexistente no cinema arxentino– foi a súa filiación co falso documental”.

[Tirado de Esteverana, L.; Falcón, R. (2010) La reflexión lúdica de la imagen en el cine de Mariano Llinás, Cine Documental 2]

Mércores 19 de decembro ás 21:30 no Pichel
Balnearios
(Balnearios, Mariano Llinás, Arxentina, 2002, 80′, VO)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s