Zidane, un retrato do século XXI

Moitos filmes transcenden os límites entre o documental e a vangarda, mais Zidane afonda aínda máis na súa mestura: malia ter sido distribuído comercialmente, é doado imaxinalo como unha videoinstalación. É máis, os seus directores son máis coñecidos como videoartistas, e un deles, Douglas Gordon, por ter ralentizado Psycho (Alfred Hitchcock, 1960) até dous cadros por segundo na súa peza 24 Hour Psycho (1993).

Zidane foi filmado con dezasete cámaras durante o partido de fútbol [da liga española] que xogaron o Real Madrid e mailo Villareal no 23 de abril de 2005 en Madrid. A súa metraxe desenvólvese en tempo real, o tempo do propio partido, mais non ten ren que ver cun documental convencional sobre fútbol ou sobre un futbolista: tódalas cámaras enfocan a un único xogador, Zinédine Zidane, durante o partido enteiro. Pode semellar estraño facer un filme sobre un deporte de equipa que exclúe sistematicamente a tódolos xogadores agás un, por moito que ese xogador sexa considerado como un dos mellores futbolistas de tódolos tempos – e, sobre todo, un filme profundamente reflexivo tan fascinado polo encontro entre a representación fotográfica e a abstracción (estamos a ollar para os pés do Zidane ou para os píxeles?), e polas diferenzas entre as imaxes de alta e baixa definición, como polo propio fútbol. Sexa ou non sexa un filme para futboleiros, o que si ofrece é aquilo que suxire o título: un retrato de Zidane que tenta capturar a fluidez do xogo”.

[Tirado de Hillier, J. (2009). Zidane: A 21st Century Portrait. En Grant, B. K. & Hillier, J. (Eds.), 100 Documentary Films (245-247). Londres: British Film Insitute.]

Mércores 21 de novembro ás 21:30 no Pichel
Xogos virís
(Muzné hry, Jan Švankmajer, Checoslovaquia, 1988, 14′, VOSG)
Zidane, un retrato do século XXI
(Zidane, un portrait du 21e siècle, Douglas Gordon / Philippe Parreno, Francia / Islandia, 2006, 90′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s