O deporte visto por Chaplin, Louis Malle e Werner Herzog

“A beleza non é o obxectivo do deporte competitivo, pero o deporte de alto nivel é un escenario privilexiado para a expresión da beleza humana. A relación é máis ou menos como a que existe entre a valentía e a guerra.

A beleza humana da que falamos aquí é beleza dun tipo particular; podería chamarse beleza cinética. O seu poder e atractivo son universais. Non ten nada que ver co sexo ou coas normas culturais. Co que parece ter que ver, realmente, é coa reconciliación dos seres humanos co feito de ter un corpo.

Por suposto, nos deportes masculinos ninguén fala sobre beleza ou graza ou o corpo. Os homes poden profesar o seu “amor” polos deportes, pero ese amor debe sempre ser ubicado e actuado na simboloxía da guerra: eliminación contra avance, xerarquía de rango e posición, estatísticas obsesivas, análise técnico, fervor tribal e/ou nacionalista, uniformes, ruido de masas, pancartas, golpearse o peito, pintar a cara, etc. Por razóns que non se entenden moi ben, os códigos de guerra son máis seguros para a maioría de nós que os do amor. Pode ser que a ti tamén cho parezan, e nese caso o mesomórfico e totalmente marcial español Rafael Nadal é o teu home, aquel dos biceps sen mangas e auto-exhortacións Kabuki.(…)”.

[“Roger Federer as Religious Experience” por David Foster Wallace. Tirado de The New York Times, 20 de agosto de 2006]

Mércores 7 de novembro ás 21:30 no Pichel
O campión
(The Champion, Charles Chaplin, EUA, 1915, 31′, VOSG)
Viva o Tour
(Vive le tour, Louis Malle, Francia, 1962, 18′, VOSG)
A grande éxtase do escultor en madeira Steiner
(Die große Ekstase des Bildschnitzers Steiner, Werner Herzog, RFA, 1974, 45′, VOSG)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s