O son ao redor

neighboring_sounds_o_som_ao_redor_still_-_2012_h

“O realizador de maior expresión a integrar o grupo dos novos cineastas pernambucanos, malia que sexa significativamente máis vello que a maioría deles, é, sen dúbida, Kleber Mendonça Fillo, director do filme máis célebre do cinema pernambucano antes da explosión de Aquarius (2016), O son ao redor (2012). […]  [Este traballo] céntrase nun grupo de residentes no distrito de Setúbal, un enclave de edificios de clase media no Recife. O filme comeza con fotos antigas das paisaxes das plantacións de cana de azucre en Pernambuco, a xeito case dunha epígrafe cinematográfica inspirada en Casa Grande e Senzala, todo iso ao son-canción ‘Cadavres en Serie’, de Serge Gainsbourg, que define de saída un ton pedagóxico, atravesado polo humor, os detalles banais e a observación social. O elenco está composto, na súa maioría, por actores non profesionais; sendo as excepcións máis notábeis o patriarca propietario Francisco, interpretado por W. Solha; a ama de casa Bia, interpretada por Maeve Jenkins; e Clodoaldo, o garda de seguridade encarnado por Irandhir Santos. Ningún deles, no entanto, é realmente famoso, nin forma parte do universo das celebridades locais (ao contrario do que os filmes da xeración anterior cos músicos manguebeat, por exemplo), cousa que trae unha maior proximidade coa realidade, coa vida cotiá do Brasil urbano ordinario.

(…)

A banalidade da crónica de rúa e os personaxes de varios segmentos sociais distintos forman a base da visión crítica de O son ao redor: a cidade, as paisaxes dun emerxente nordeste brasileiro e do país como un todo, as ruínas dun pasado non distante –sobre todo nas escenas que pasan no interior do estado– como se eses elementos mínimos fosen os instrumentos directos para a lectura do contexto máis amplo”.

[Tirado de Prysthon, Ângela Freire, “Paisagens em desaparição. Cinema em Pernambuco e a relação com o espaço”, Revista da Associação Nacional dos Programas de Pós-Graduação em Comunicação E-compós 20 (1), 2017, pp. 1-17]

Mércores 24 de outubro ás 21:30 no Pichel
O son ao redor
(O Som ao Redor, Kleber Mendonça Filho, Brasil, 2007, 131′, VOSG)

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s