Eles non usan smoking

“En Eles non usan smoking Leon Hirszman posibilita o diálogo entre a ficción e o documental, cando desvía a atención da porta da fábrica, presente no seu documental ABC da Greve, para a vida cotiá da casa do traballador, coas súas tensións particulares e familiares.

Dentro da súa basta producción escollemos o filme Eles non usan smoking (1981), pois sintetiza tres momentos dunha “cultura brasileira” sobre a óptica política da esquerda: a dramaturxia do Teatro da Arena, o realismo crítico do Cinema Novo e o movemento dos Centros de Cultura da União Nacional dos Estudantes, do cal Hirszman foi fundador. O filme conta a traxectoria da familia de Otàvio e de Romana, cuxo fillo máis vello Tião tamén é operario. O pai é un líder sindical consciente e actuante na organización de máis dunha folga. As tensións para a construcción do movemento paredista son explicadas pola preocupación de Romana, na medida en que ela xa afrontara a vida dura co seu marido preso durante tres anos pola súa militancia.

(…) Para Jean-Claude Bernardet (1986), a película de Hirszman cumpre o soño da casa, na medida en que adopta o comportamento inverso dos documentais da época, que privilexian os aspectos máis públicos do movemento obreiro, como as asembleas. En Eles non usan smoking, os planos de traballo de fábrica son poucos e pechados. Nesta película hai un énfase para acompañar “a folga na vida cotiá da familia, na repercusión das folgas e das relacións de clase aguzada sobre as relacións familiares”. Deste xeito, as tensións particulares de cada un dos implicados na trama narrativa conviven na tensión xeral da folga cando explota. É interesante observar que esta película de ficción de Hirszman chegou pouco despois do seu documental sobre as folgas de 1979, ABC da Greve“.

[Anaco extraído de “Entre o documentário e a ficção: O cinema brasileiro e o movimento operário na crise da ditadura militarpor Antônio Fernando de Araújo Sá]

Mércores 17 de outubro ás 21:30 no Pichel
Eles non usan smoking
(Eles Não Usam Black-tie, Leon Hirszman, Brasil, 1981, 120′, VOSG)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s