Mutantes

 

Por que fixeches Mutantes?

Álvaro Larriba: A primeira razón, que non é a máis importante pero foi a que fixo que dixese “bueno, vou facer isto”, foi que estaba acabando a carreira e tiña que facer un traballo de fin de grao. Entón eu tiña a idea inicial de ensinar como funcionaba por dentro o Liceo Mutante. A miña primeira idea fora facer unha especie de… de reconstrucción non, pero dalgunha maneira poder gravar un día de traballo no Liceo de principio a fin. No que estivese todo o traballo que pode haber detrás, fóra do que é o concerto en si: a xente que está alí antes limpando, preparando todo. E realmente facelo nun día, por medios, non era viable porque estaba eu só, e só tiña a cámara de fotos réflex, a máis barata de Canon… empecei a gravar sen saber moi ben o que ía facer, e foi a época na que o Liceo estaba con problemas estruturais… do edificio, vaia. Chovía dentro e todas esas cousas, así que comecei sen ter unha idea clara e ao final, como tamén foi un momento no que empecei a interesarme moito polos documentalistas americanos dos 70 (por Wiseman sobre todo, obviamente), pois decidín tirar desta forma, empezar a gravar sempre que podía e a peli foi collendo un pouco a forma soa. Si que é verdade que tiña ao principio… non sei se estou falando de máis.

(…)

O que quería en principio era ensinar o que había detrás do Liceo, que son as persoas. Non o lugar, nin os concertos, senón a xente que fai posible que exista, a xente que se asocia, que se xunta e se pon a traballar, sen buscar nada máis que ter unha alternativa en Pontevedra para facer cousas que doutra forma non poderían pasar.

[Anaco da entrevista a Álvaro Larriba feita por Cibrán Tenreiro para A Cuarta Parede en xuño do 2018]

Mércores 10 de outubro ás 21:30 no Pichel
Mutantes
(Álvaro Larriba, Galiza, 2017, 107′, VO)
[Coa presenza do director]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s