Algo máis que un (Cine) Clube

caminodesantiago

“A miña afección ao cinema comezou como a de calquera adolescente da época. Primeiro foron as sesións infantís dos domingos, onde reinaban «as do Oeste», o cinema cómico estadounidense (Chaplin, sobre todo) e as de adoutrinamiento católico (Fabiola [1948] de Alessandro Blasetti, La Señora de Fátima [1951] de Rafael Gil, ou El Judas [1952] de Ignacio F. Iquino, por exemplo, repostas até a saciedade). Máis tarde, ante a triste e moi minguada oferta cultural compostelá de entón, sobrevirá a «cinefaxia» (recurso nacional e natural da época, segundo sociólogos e historiadores) e a transgresión de ver o cinema máis condeado pola censura católica. (…) A paixón estaba servida e só había que desenvolvela, canalizala.

A lectura de revistas como Objetivo e Cinema Universitario, primeiro, e sucesivamente Film Ideal (fundada en 1956), Primer Acto (desde 1957) e a súa irmá Nuestro Cine (nada en 1961), as francesas Cahiers du Cinéma e Positif e a italiana Cinema Nuovo, impulsáronme a promover a fundación dun cineclube desde onde saciar aquela sede de coñecemento inducida. O exemplo do de Salamanca funcionou como un resorte e, empuxado por aquela incipiente e declarada cinefilia, imberbe ideolóxica e politicamente, recentemente matriculado no primeiro curso da Facultade de Dereito, aos meus dezanove anos, decido presentarme ao Xefe do Sindicato Universitario (naquel momento Ricardo Fernández Castro) para proporlle a creación dun cineclube a semellanza dos xa existentes noutras cidades universitarias (Salamanca, Valladolid, Granada, As Palmas, La Laguna, Murcia, Oviedo…).

(…) O 5 de novembro de 1961, no Cinema Yago, ten lugar a sesión inaugural do Cine-Club Universitario do SEU coa proxección de Il cappotto (O alcalde, o escribano e o seu abrigo, 1959) de Alberto Lattuada, estrea absoluta na cidade. O número de asociados estaba arredor dos douscentos, cifra insuficiente pero prometedora. Semana tras semana, os domingos ás once da mañá, até final de ano, programáronse: Le Défroqué (Leo Joannon, 1953), Muerte de un ciclista (Juan A. Bardem, 1955), Det sjunde insegle (Ingmar Bergman, 1956), Wir Wunderkinder (Kurt Hoffmann, 1958), Ladri di biciclette (Vittorio de Sica, 1948) e Orfeo (Jean Cocteau, 1949). A través da Filmoteca Española e a Federación Nacional de Cineclubs, a comezos de 1962, programamos un tímido ciclo de cinema mudo: Das Cabinet des Dr. Caligari (Robert Wiene, 1919), La Chute de la maison Usher (Jean Epstein, 1928), Schätten (Arthur Robison, 1923) e Das Mädchen Johanna (Gustav Ucicky, 1935). Asumimos así o risco de que a nosa cinefilia non fose correspondida co aprecio dos socios, pero as solicitudes de ingreso seguiron crecendo e foi necesario contratar unha sala con maior aforamento: o Cinema Capitol, da mesma empresa exhibidora que o Cinema Yago. A hora das sesións atrasouse ás doce da mañá”.

[Tirado de “Algo más que un (cine) club” por Ezequiel Méndez Vidal en 1968 en Compostela. Testemuños, coordinado por Ricardo Gurriarán, pp. 271-308)]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s