Carta branca a Ezequiel Méndez Vidal

O festival Curtocircuíto en colaboración co Cineclube de Compostela outorga unha carta branca ao compostelán Ezequiel Méndez, fundador e director do antigo Cine-Club Universitario e o Cine-Club A.F.C. na década dos 60. Ezequiel Méndez presentará unha sesión composta de dúas pezas que construíron visións contrapostas da cidade, ambas realizadas para o programa Conozca usted España de RTVE. A primeira, Compostela, foi realizada polo malogrado Claudio Guerín Hill, e propuña unha imaxe de Santiago e os seus poderes que resultou moi controvertida naquel momento, o que resultou na realización doutro filme por parte de José Luis Font como desagravio, este co título Camino de Santiago.

Coa intención de fomentar o diálogo, Curtocircuíto organiza esta carta branca en colaboración co Cineclube de Compostela actual, fundado en 2001 e herdeiro en certa maneira da iniciativa de Méndez e os seus coetáneos. Con esta iniciativa preténdese poñer en valor o patrimonio inmaterial da cidade, achegar ao público máis novo a historia recente de Compostela e recoñecer ó Cine-Club Universitario como precursor dos actuais festivais e cineclubes da cidade.

A proxección, que estará presentada por un representante do Cineclube, polo director de Curtocircuíto e polo propio Ezequiel Méndez, terá lugar no auditorio do Museo das Peregrinacións da Praza das Praterías o mércores 3 de outubro ás 20:30. A entrada será de balde previa retirada no despacho de billetes do Teatro Principal e estarán dispoñibles dende o sábado 29 de setembro. Os horarios da billeteira son de martes a sábado entre as 18:00 e as 21:00h. Na semana do festival de 16:30 a 23:00h.

Mércores 3 de outubro ás 20:30 no Museo das Peregrinacións
CARTA BRANCA A EZEQUIEL MÉNDEZ
Coñeza vostede España: Compostela
(Conozca usted España: Compostela, Claudio Guerín Hill, Estado Español, 1967, 30′, VO)
Camiño de Santiago
(Camino de Santiago, José Luis Font, Estado Español, 1970, 32′, VO)
[En colaboración con Curtocircuito. Presentada por Ezequiel Méndez]

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s