Cadáveres ilustres

“Na altura de 1970, Italia aparece na foto como o país do descontento social, da corrupción desenfreada e da crise das institucións. En 1976, as Brigadas Vermellas reestrutúranse, pasando das mans de Renato Curcio para as de Mario Moretti. Con todo, segundo Christian Uva, naquel ano o dato relevante para Italia foi o triunfo do PCI nas eleccións do 20 de xuño e a sucesiva traición: por primeira vez dende 1947 o PCI non vota contra o goberno demócrata-cristián, levando aos comunistas a alcanzar a maioría en 1978, pero sen participar do goberno – non é casual que nese ano as Brigadas secuestrasen a Aldo Moro, o líder demócrata-cristián que construíu esa coalición. É tamén en 1976, continúa Uva, que o cinema político volve á vida para aportar o seu punto de vista a respecto do estado das cousas. É o caso de Todo modo, realizado por Elio Petri, e Cadáveres ilustres, realizado por Francesco Rosi, dúas obras distintas en estilo e punto de vista sobre a realidade, aínda que derivan do mesmo escritor, Leonardo Sciascia. Petri adopta unha abordaxe virada ao estilo grotesco, pero o contexto colocado en escena é ben identificable. No caso de Rosi, a maioría dos nomes teñen un vago son español e os acontecementos están ligados por unha estraña metafísica do poder. As rúas exalan indicios de golpe de Estado. Nas palabras de Maurizio Fantoni Minnella, poucos percibían que o país estaba a piques de se tornar nunha especie de apéndice latinoamericano. Cadáveres ilustres non dá respostas claras, con excepción dunha frase no final: “a verdade non é sempre revolucionaria”. Minnella pregunta a Rosi: cal é o significado de falar de revolución nos anos 70?”.

[Tirado de “Francesco Rosi e a investigação dos indícios“, de Roberto Acioli de Oliveira]

Mércores 26 de setembro ás 21:30 no Pichel
Cadáveres ilustres
(Cadaveri eccellenti, Francesco Rosi, Italia / Francia, 1976, 115′, VOSG)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s