Queremos tamén as rosas

“Aludindo á folga téxtil de Lawrence de 1912, cando as traballadoras cantaban o slogan “Queremos pan, pero queremos tamén as rosas!”, o documental Vogliamo anche le rose (2007) apunta a retratar os profundos cambios que tiveron lugar durante a revolución sexual e o movemento feminista na Italia durante as décadas dos 60 e 70 do pasado século, reconstruíndo as historias reais de tres mulleres italianas (…) Se ben semella unha obra moi diferente, a película, segundo Marazzi, é unha continuación do seu primeiro filme. Na seguinte pasaxe a directora revela como a nostalxia a leva a desfacer o camiño cara o pasado para explorar oportunidades nunca realizadas, xiros imprevistos e cruces de camiños en torno ao que podería ter pasado en relación coa súa nai.

«Vogliamo anche le rose é a continuación de Un’ora sola ti vorrei (2002), a secuela dunha historia no seu punto de interrupción. Todo sucedeu de xeito simultáneo en Milán, e as vidas destas mulleres, a da miña nai, a das feministas, tan diversas ao tempo que unidas ante a diversidade, nunca entrecruzadas: se cadra se tivese acontecido que a miña nai atopase a ocasión de reflectirse no desconcerto e a rebelión doutras mulleres, menos fráxiles, a enfermidade non tería tomado o control, a depresión non lle tería pechado todas as saídas posible». O filme mira cara atrás explorando que había detrás da revolución social, cando o movemento feminista cuestionou a supremacía masculina e chamou a un fondo cambio nas relacións de xénero. A Segunda Ola Feminista italiana tornou nunha importante mobilización que loitou con salientábel forza e radicalidade polos dereitos das mulleres, levando épicas batallas a favor do divorcio (1971) e o aborto (1978), unindo así a mulleres a través do espectro social e político. Cara a fin dos 70, con todo, o feminismo atopábase debilitado, e a principios dos anos 80 o movemento desapareceu gradualmente da escena pública, tomando diferentes direccións. O filme de Marazzi aborda o rol crucial que esas loitas xogaron en acadar a igualdade de dereitos, suxerindo que ningunha vitoria pode nunca darse por feita”Queremos tamén as rosas.

[Texto extraído do artigo de “Envisioning Our Mother’s Space”, en Italian Women Filmmakers and The Gendered Screen, por Cristina Gamberi, en Palgrave MacMillan, 2013]

Mércores 19 de setembro ás 21:30 no Pichel
Queremos tamén as rosas
(Vogliamo anche le rose, Alina Marazzi, Italia / Suíza / Finlandia, 2007, 80′, VOSG)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s