Os subversivos

“As antinomias de Benjamin permítenlle distinguir as peculiares características da melancolía comunista, que sempre foi moito máis tráxica que alegre. Dende as procesións silenciosas ata o Muro dos Federados no cemiterio parisino de Pere Lachaise — Non me refiro aquí aos solemnes enterros celebrados polos réximes estalinistas que embalsamaron os seus líderes como faraóns do antigo Exipto — o movemento obreiro sempre practicou o loito como unha liturxia secular de esperanza. O funeral de Palmiro Togliatti, o líder do Partido Comunista Italiano, que tivo lugar en Roma en 1964, foi un momento de auténtica emoción popular e inspirou varias obras de arte, dende as películas de Pier Paolo Pasolini (Uccellacci e Uccellini, 1966) e os irmáns Taviani (I sovversivi, 1967), a un famoso lenzo de Renato Gattuso de 1972. Esta pintura está baseada no contraste entre as caras de duelo dos personaxes — entre os que son claramente recoñecibles moitas figuras históricas do movemento comunista (Lenin, Gramsci, Sartre, Angela Davis, Enrico Berlinguer, entre outros) — e as bandeiras vermellas dominando a paisaxe. Simbolizando o socialismo e o futuro, estes estandartes subliman a perda do líder morto: o loito é inseparable da esperanza”.

[Texto extraído de Left-Wing Melancholia: Marxism, History and Memory por Enzo Traverso en Columbia University Press, 2016]

Mércores 5 de setembro ás 21:30 no Pichel
Os subversivos
(I sovversivi, Paolo Taviani / Vittorio Taviani, Italia, 1967, 93′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s