Setembro 2018

 

 

 
Gobernada arestora pola extrema dereita máis amoral, resulta difícil imaxinar que Italia foi un día o país da Europa occidental no que máis peso tiña a política revolucionaria. Que houbo un tempo no que case todo o cinema italiano, dunha ou doutra maneira, era militante. Tras a guerra, o PCI movía masas, por máis que voces como as das personaxes de Os subversivos, dos irmáns Taviani, comezaran a afastarse do compromiso histórico e outras derivas da esquerda institucional. O outono quente do 69 trouxo loitas obreiras e ocupacións de fábricas, coa Apollon retratada por Ugo Gregoretti como a punta de lanza. Entrementres, os anos de chumbo viñan marcados polo terrorismo de estado que denuncia Elio Petri en Tres hipóteses sobre a morte de Giuseppe Pinelli e a loita armada revolucionaria. E a esquerda revelábase cada vez máis incapaz de responder ás demandas crecentes de loitas como as do feminismo, cuxa historia recuperou recentemente Alina Marazzi en Queremos tamén as rosas, ou as da mocidade, que estourará nese 68 italiano que foi o 77. Pero daquela, o PCI xa terá sido asimilado pola maquinaria de corrupción e intereses económicos do Estado. E a Italia que outrora parecía revolucionaria parecerase máis ao desolador retrato de Francesco Rosi en Cadáveres ilustres. A algo que nos fai máis fácil comprender o que é hoxe.

 

SETEMBRO 2018

Mércores 5 de setembro ás 21:30 no Pichel
Os subversivos
(I sovversivi, Paolo Taviani / Vittorio Taviani, Italia, 1967, 93′, VOSG)

Mércores 12 de setembro ás 21:30 no Pichel
Tres hipóteses sobre a morte de Giuseppe Pinelli
(Tre ipotesi sulla morte di Giuseppe Pinelli, Elio Petri, Italia, 1970, 11′, VOSG)
Apollon: unha fábrica ocupada
(Apollon: una fabbrica occupata, Ugo Gregoreti, Italia, 1969, 67′, VOSG)

Mércores 19 de setembro ás 21:30 no Pichel
Queremos tamén as rosas
(Vogliamo anche le rose, Alina Marazzi, Italia / Suíza / Finlandia, 2007, 80′, VOSG)

Mércores 26 de setembro ás 21:30 no Pichel
Cadáveres ilustres
(Cadaveri eccellenti, Francesco Rosi, Italia / Francia, 1976, 115′, VOSG)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s